Rinia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | |||
Periferias | Exeo Meridional | |||
Unidades periféricas | Mykonos Regional Unit (en) ![]() | |||
Concello | Mykonos Municipality (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 0 (2011) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 14 km² ![]() | |||
Medición | 3,5 (![]() ![]() | |||
Bañado por | Mar Exeo ![]() | |||
Altitude | 136 m ![]() | |||
Rinia ou Rhenea (en grego: Ρήνεια) é unha illa grega nas Cícladas. Atópase xusto ao oeste da illa de Delos da que lle separa unha canle duns 700 metros de anchura, e aínda máis ao suroeste da illa de Mykonos a 9 km, da que dependen administrativamente. A súa superficie é de 14 km². Tiña unha pequena poboación ata a década de 1980, pero actualmente está deshabitada. Tamén é denominada Gran Delos.
A orientación de Rinia é de norte a sur, cunha lonxitude de 8 km. Componse de dúas partes unidas entre elas por un istmo de 1´2 km de largo por 70 m de longo no seu punto máis estreito. Ten unha superficie total de 13´9 km². O seu punto culminante, situado na parte norte, alcanza os 136 m.
Na Antigüidade, foi conquistada por Polícrates de Samos e dedicouse ao culto de Apolo Delio. Tiña unha cidade do mesmo nome que a illa: Renea.
Servía de necrópole aos delios e de refuxio para as mulleres que estaban a piques de parir, pois o carácter sagrado de Delos prohibía que alí tivesen lugar nacementos e defuncións.[1][2]
Ata un pasado recente, estaba habitada por apenas unha vintena de persoas. Actualmente está deshabitada.
Referencias
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rinia ![]() |