Rioseco, Calvos de Randín
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rioseco.
Rioseco | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Calvos de Randín[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°56′33″N 7°52′02″O / 41.9425, -7.86722222 |
Poboación | 69 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Rioseco é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. En 2007 tiña 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres), 10 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.
Rioseco na literatura popular galega
[editar | editar a fonte]- A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [2].
- As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [3].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [4].
- As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [4].
- As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [5].
- Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [6].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Rioseco
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Rioseco no concello de Calvos de Randín (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Calvos de Randín
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
- ↑ 4,0 4,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.