Rith
Aparencia
Rith é o termo co que se coñece a celebración dunha serie de carreiras reivindicativas en prol da lingua irlandesa. Correuse por vez primeira no ano 2010 coincidindo coa Seachtain na Gaeilge, a semana da lingua irlandesa. Comezou en Galway e rematou en Belfast, atravesando boa parte da Illa da Irlanda.
Rith está baseado na Korrika, unha marcha reivindicativa organizada no histórico País Vasco en apoio ó éuscaro dende 1980, e da que tamén xurdiron eventos semellantes como Correllengua pola lingua catalá, Correlingua pola lingua galega, Ar Redadeg pola lingua bretoa e a Corsa d'Aran pola lingua aranesa.