Roșia Montană
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Județ | Condado de Alba | ||||
Capital | Roșia Montană | ||||
Contén a división administrativa | Blidești (en) Bunta (en) Bălmoșești (en) Coasta Henții (en) Corna (en) Curături (en) Cărpiniș (en) Dăroaia (en) Gura Roșiei (en) Gârda-Bărbulești (en) Iacobești (en) Ignățești (en) Roșia Montană Vârtop (en) Șoal (en) Țarina (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.428 (2021) (58,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41,61 km² | ||||
Altitude | 850 m | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eugen Furdui (en) (2008–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 517615 | ||||
Fuso horario | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | ? | ||||
Sitio web | primariarosiamontana.ro |
Roşia Montană (en latín : Alburnus Maior, en húngaro: Verespatak, en alemán: Goldbach) é unha localidade mineira de Romanía, situada nos Montes Apuseni, no Condado de Alba (Transilvania).
Demografía
[editar | editar a fonte]Ano | Total | Romaneses | Húngaros | Romanís |
---|---|---|---|---|
1850 | 5.756 | 4.651 (81%) | 669 | 170 |
1880 | 5.640 | 4.130 (73%) | 1.452 | n/a |
1890 | 5.543 | 4.037 (73%) | 1.472 | n/a |
1900 | 5.665 | 4.211 (74%) | 1.424 | n/a |
1910 | 5.165 | 3.623 (70%) | 1.515 | n/a |
1920 | 4.252 | 3.341 (79%) | 880 | n/a |
1930 | 4.362 | 3.673 (84%) | 609 | 60 |
1941 | 5.409 | 4.557 (84%) | 651 | n/a |
1956 | 4.169 | 3.684 (88%) | 416 | 63 |
1966 | 4.591 | 4.178 (91%) | 317 | 87 |
1977 | 4.393 | 4.060 (92%) | 157 | 168 |
1992 | 4.146 | 3.808 (92%) | 104 | 228 |
2002 | 3.872 | 3.518 (91%) | 55 | 289 |
2011 | 2,656 | 2,239 (84%) | 6 | 334 |
Historia
[editar | editar a fonte]A historia bimilenaria de Roșia Montană comeza coa conquista da Dacia polos romanos, que chegaron atraídos polos grandes xacementos de ouro da rexión, establecendo así unha explotación mineira no lugar dun poboado dacio. A existencia de táboas de madeira recubertas de cera datadas entre os anos 131 e 167 son unha proba da importancia da rexión na época. Nestas táboas aparece mencionado o nome romano da localidade (Alburnus Maior), así coma a orixe da maioría dos mineiros. As galerías mineiras da época romana aínda poden visitarse hoxe.[4]
Aínda que a explotación mineira de ouro non cesou ao longo da historia, tivo un especial impulso durante a época de María Tareixa I de Austria. Hoxe en día é obxecto dun polémico proxecto mineiro.[5][6]
No Museo da Mina poden verse obxectos de todas as épocas da explotación.
Turismo
[editar | editar a fonte]- Castrum romano
- Arquitectura barroca do século XVIII
- Mina de ouro - visita dalgúns túneles bimilenarios
- Museo da Mina
- Festival de música FânFest
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Recensământ 2012: Populaţia stabilă după etnie – judeţe, municipii, oraşe, comune". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ (1976) Dicționar de istorie veche a României, Editura Științifică și Enciclopedică p. 27
- ↑ [https://web.archive.org/web/20070928061850/http://www.truestory.ro/plan_urbanistic/4729_m_puz_15062006_eng.pdf Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. "Plan Urbanistic" (en inglés).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roșia Montană |