Robert Adamson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1852 Edimburgo, Reino Unido |
Morte | 5 de febreiro de 1902 (50 anos) Glasgow, Reino Unido |
3º Regius Professor of Logic (en) | |
1893 – 1895 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Edimburgo |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Empregador | Universidade de Glasgow (1895–1902) Universidade de Aberdeen (1893–1895) Universidade Vitoria de Manchester (1876–1893) Universidade de Manchester |
Familia | |
Fillos | Mary Hamilton |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Dictionary of National Biography, second supplement A Biographical Dictionary of Modern Rationalists (en) |
Robert Adamson, nado en Kingsbarns, en Fife en 1852[1] e finado en Manchester en 1902, foi un filósofo escocés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1855 morreu seu pai e xa aos 14 anos entra na Universidade de Edimburgo. En 1871 establece a súa residencia en Heidelberg, onde estuda a filosofía alemá, retorna a Edimburgo como asistente de Henry Calderwood e posteriormente de Campbell Fraser. En 1874 entra como colaborador na Encyclopaedia Britannica, e en 1876 é elixido catedrático de lóxica e filosofía no Owens College de Manchester. En 1893 exerce na Universidade de Aberdeen. En 1895 gaña a cátedra de lóxica na Universidade de Glasgow, onde exercera ata a súa morte.[1]
Os seus escritos consistiron en artigos curtos, moitos deles aparecidos na Encyclopedia; tamén elaborou un volume sobre Kant e outro sobre Fichte.
Obra
[editar | editar a fonte]En vida oublicáronse as seguintes obras:
- On the Philosophy of Kant (1879)
- Blackwood's Philosophical Classics. Fichte (1881)
Postumamente, publicáronse os seguintes títulos, que eran as súas leccións máis importantes cunha breve introdución biográfica
- The Development of Modern Philosophy and Other Essays (1903)
- The Development of Greek Philosophy (1908)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Robert Adamson". University of Glasgow. Arquivado dende o orixinal o 26-09-2018. Consultado o 02-11-2018.