Robert Corteen Carswell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 (74/75 anos) Illa de Man |
Actividade | |
Ocupación | escritor, locutor de radio, activista |
Robert "Bob" Corteen Carswell, nado 1950[1] é un escritor, presentador de radio e activista da lingua manx, galardoado en 2013 co premio da Manx Heritage Foundation Reih Bleeaney Vanannan polas súas contribucións á cultura manx. Ostenta o posto cerimonial de Yn Lhaihder.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bob Carswell entrou en contacto pola primeira volta co manx a través da lectura, o clásico os textos clásicos First Lessons in Manx de Edmund Goodwin mais unha edición de 1775 Conaant Noa (Novo Testamento). A principios da década de 1970 converteuse en socio e logo directivo da sociedade para a promoción da lingua manx, Yn Çheshaght Ghailckagh.[3] Grazas ao labor nesta asociación entrou en contacto co mundo da radio a finais da década de 1970 ao se facer cargo voluntariamente dun espazo semanal de 15 minutos que Manx Radio lle concedeu a difusións en lingua manx. As súas achegas incluían novas e comentarios, así como tamén históricas cómicas, pequenas pezas teatrais e documentais.[3] Con posterioridade entrou a formar parte do Gaelic Broadcasting Committee, ademais está considerado unha das voces máis importantes da radiodifusión en manx.[4] Presenta os programas semanais en manx Claare ny Gael, espazo no que difunde a vida mais a cultura en manx, a través da riqueza das tradicións e da música", Traa dy Liooar e mais o bilingüe Shiaght Laa.[5]
Literatura
[editar | editar a fonte]A súa contribución á literatura manx é especialmente significativa. Escribiu a columna Cree ny Cooish no semanario Isle of Man Weekly Times entre 1982 e 1984 e tamén escribiu outra columna na revista, FRITLAG entre 1983 e 1987[6] e mais tamén escribiu poemas e outras pezas literarias para diferentes publicacións e eventos como o festival cultural Yn Chruinnaght. Ademais publicou os libros de poemas Shelg yn Drane (1994) e Arraneyn 'sy Ghaelg (1996).[7]
Carswell está considerado a principal autoridade en literatura manx. En 2010 editou a escolma Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature. O libro recolle a literatura manx dende os seus primeiros rexistros ata a época actual, comentando os extractos bilingües para situalos no contexto da historia da illa. O libro é a primeira recolleita de todas as épocas da literatura manx e como tal é unha contribución de primeira orde para a cultura e identidade local.
Música
[editar | editar a fonte]Bob Carswell tamén mantivo unha importante relación coa música manx, tanto como letrista como bailarín e músico, e tamén a través do seu traballo voluntario para a Manx Heritage Foundation. Diversos grupos locais arranxaron e gravaron as súas cancións, entre os máis significativos están Mollag Band, Caarjyn Cooidjagh e Barrule, alén de recibir a encarga de escribir novas cancións para as escolas primarias da illa. Como bailarín actuou con Manx Folk Dance Society, Bock Yuan Fannee, Bock Bane e Calor Gas Ceilidh Band.
Ensino
[editar | editar a fonte]En 1983 Bob Carswell comezou a investigar na tradición popular, a revisar e elaborar contos e rimas para o xardín de infancia en manx que levaba a súa primeira esposa, Peg. Desde 2006 traballou como tradutor e creador de recursos lingüísticos para Bunscoill Ghaelgagh.[8] e mais para Unnid Gaelgagh.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ‘Manannan’s Cloak – a bilingual anthology of Manx Literature’, biografía en Francis Boutle Publishers
- ↑ "Bob Carswell RBV is new Yn Lhaihder" Arquivado 14 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Tynwald, 7 de xaneiro de 2013
- ↑ 3,0 3,1 Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, Londres, 2010, p.184
- ↑ "‘Manx Culture Award for Bob’". IOM Today (en inglés). 19 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ Bob Carswell en Manx Radio
- ↑ Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature by Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, Londres, 2010, p. 208
- ↑ Manannan's Cloak: An Anthology of Manx Literature by Robert Corteen Carswell, Francis Boutle Publishers, Londres, 2010, p. 216
- ↑ "Web de Bunscoill Ghaelgagh’". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018.
A Galipedia ten un portal sobre: Illa de Man |