Robert Hawker Dowling
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1827 ![]() Colchester, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 8 de xullo de 1886 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Lugar de traballo | Melbourne ![]() |
Ocupación | pintor ![]() |
Profesores | Thomas Bock (pt) ![]() ![]() |

Robert Hawker Dowling, nado en 1827 e finado en 1886, foi un artista colonial australiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dowling naceu en Inglaterra, sendo o fillo máis novo do reverendo Henry Dowling e da súa muller Elizabeth, née Darke. Chegou a Launceston, Tasmania cos seus pais en 1839 no barco Janet. Recibiu clases de arte de Thomas Bock e Frederick Strange, e en 1850 anunciouse como pintor de retratos. En 1856, Dowling marchou a Londres coa axuda dos seus amigos de Launceston. Exhibiu 16 pinturas na Royal Academy entre 1859 e 1882 e outras no British Institute. De volta en Launceston, foi até Melbourne e pintou retratos de Henry Loch, James Moorhouse, Francis Ormond e outros. Regresou de novo a Londres en 1886 e morreu pouco despois da súa chegada.
O 2 de maio de 2007, unha das pinturas de Dowling, Masters George, William and Miss Harriet Ware with the Aborigine Jamie Ware, foi vendida por A$823 500 á National Gallery of Victoria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- H. Button, Flotsam and Jetsam (Launceston, 1909); 'no 364. "Early Effort: Art in Australia"', Art-Journal (Londres), 1860, p 169; Art-Journal (Londres), 1860, pp 351, 379; Examiner (Launceston), 5, 19 de marzo de 1851, 25 de agosto de 20, 23 de outubro de 1860, 19 de febreiro de 1863, 16 de febreiro de 1864, 15, 17 de xullo de 1886; Atlas (Londres), 25 de agosto de 1860; Cornwall Chronicle (Launceston), 20 de outubro de 1860, 29 de xuño de 1877; Daily Telegraph (Launceston), 23 febreiro, 26 de marzo de 1885, Tasmanian (Launceston), 24 de abril de 1886
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Robert Dowling en ARTcyclopedia
- Grandfather's visit 1865 - Ballarat Fine Art Gallery.