Robert K. Merton
Robert King Merton, nado en Filadelfia o 4 de xullo de 1910 e finado en Nova York o 23 de febreiro de 2003, foi un sociólogo estadounidense e pai do Premio Nobel de Economía, Robert C. Merton.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Merton pasou a maior parte da súa traxectoria profesional na Universidade de Columbia, onde foi profesor, en 1994 gañou a Medalla Nacional de Ciencia polas súas contribucións e por ser o fundador da socioloxía da ciencia.[1]
Merton desenvolveu recoñecidos conceptos como as "consecuencias imprevistas[2], o "grupo de referencia" [3] ou a "tensión do rol" pero é máis coñecido por crear os termos "modelo a seguir" e "profecía autorealizada".[4]. Elemento central da moderna teoría sociolóxica, política e económica, a profecía autorrealizada, é un proceso no que unha crenza ou unha predición, correcta ou incorrecta, afecta o desenvolvemento dunha situación ou o xeito no que unha persoa ou grupo se comporta.[5]. O traballo de Merton sobre o modelo a seguir apareceu primeiro nun estudo sobre a socialización de estudantes de medicina en Columbia. O termo desenvolveuse máis coa teoría de grupo de referencia, ou o grupo co que os individuos se comparan entre eles, pero non é necesariamente ao que pertencen. O rol social foi unha peza central na teoría de grupos sociais de Merton, que enfatiza que máis que unha persoa asuma un rol ou un status, os individuos teñen un status asentado na estrutura social que está conectada como un conxunto de comportamentos esperados.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Robert K. Merton".
- ↑ "The University of Chicago Press". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 20 de decembro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 "Gerald Holton Robert K. Merton Proccedings of the American Philosophical Society Vol. 148, Nº. 4, december 2004" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2007.
- ↑ Robert K. Morton The Unanticipated Consequences of Purposive Social Action Vol. 1, nº6, 1936, p. 894-904
- ↑ Columbia Electronic Encyclopedia, 6th Edition; 1/1/2009, p.1 "Self-fulfilling prophecy"