Robert Mugabe
Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Zimbabwe que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Zimbabwe dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malia ser reelixido para o cargo en varias ocasións, a oposición ten denunciado a existencia dunha violenta represión e múltiples fraudes electorais, as mais recentes en 2002 e 2008. Moitos medios de comunicación internacionais consideran a Mugabe un ditador no sentido contemporáneo do termo, e o principal responsable da profunda crise económica e humanitaria que padece Zimbabwe, así como do masacre étnico que tivo lugar nos anos 80 sobre o pobo matabele e na que perderon a vida mais de 20.000 persoas.
En novembro de 2017 destituíu o seu vicepresidente, Emmerson Mnangagwa, que fuxiu a Suráfrica.[1][2] Pouco despois, o xeneral Constantino Chiwenga, apoiado por elementos das Forzas de Defensa de Zimbabwe e membros da facción de Mnangagwa, coñecida como Lacoste, deu un golpe. Despois de perder o apoio do ZANU-PF, Mugabe dimitiu,[3] e Mnangagwa regresou a Zimbabwe para asumir a presidencia.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zimbabwe's Ousted Vice President Flees After Death Threats". 8 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019..
- ↑ "Emmerson Mnangagwa: After Robert Mugabe resigns, who is the Zanu-PF politician favourite to succeed him as Zimbabwe President?" (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Goberno de Zimbabwe (en inglés)
- "Robert Mugabe, el tirano de 84 años que un día fue héroe". El País (en castelán). 28 de marzo de 2008.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |