Robert Patterson
- Para o artigo referido ao seu fillo, tamén director da Casa da Moeda dos EEUU, véxase Robert M. Patterson
Robert Patterson Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1806-1824) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1743 Hillsborough, Condado de Down. Illa de Irlanda. |
Morte | 22 de xullo de 1824 (87 anos) Filadelfia. Pensilvania. |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Pensilvania. |
Actividade | |
Ocupación | Educador, profesor universitario, director da US Mint. |
Empregador | Universidade de Pensilvania |
Membro de | |
Premios | |
| |
Robert Patterson, nado en Hillsborough, condado de Down, illa de Irlanda, o 30 de maio de 1743 e finado en Filadelfia o 22 de xullo de 1824, foi un educador estadounidense e director da Casa de Moeda dos Estados Unidos dese 1806 ata o seu falecemento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Robert Patterson naceu en maio de 1743 nunha granxa próxima a Hillsborough, no condado de Down, na actual Irlanda do Norte.[1] Era fillo de Jane Walkers e de Robert Patterson. Asistiu á escola local, onde destacou en Matemáticas, aínda que a súa familia non puido proporcionarlle formación universitaria.[2]
A partir da invasión francesa de Irlanda alistouse nas milicias, onde acadou o rango de sarxento, e rexeitou o ofrecemento de ingresar no exército británico para regresar á súa granxa familiar.[2]
Carreira docente en América
[editar | editar a fonte]En outubro de 1768 emigrou os Estados Unidos. Inicialmente traballou como mestre de escola no condado de Bucks, en Pensilvania, e tamén ensinou navegación baseada na matemática. En 1771 os seus pais e parte da súa familia trasladáronse tamén aos EEUU, atraídos polo seu éxito, e en 1772 Roberts abriu un establecemento comercial en Nova Jersey, con escaso éxito.[1][2]
Abandonado o proxecto comercial, en 1774 aceptou o posto de profesor na Academia Wilmington, en Delaware, aínda que o inicio da guerra de independencia suspendeu esta actividade. Daqeela, Roberts trasladou a súa familia a unha granxa en Nova Jersey e alistouse como instrutor da milicia de Delaware, ata o final da guerra.[2]
En decembro de 1779 logo de que se constituíra a en Filadelfia a Universidade de Pensilvania, solicitou o posto de profesor de Matemáticas e exerceu como tal de 1779 a 1810, e tamén como profesor de Filosofía Natural e vicerreitor desde 1810 ata 1813. En 1814 presentou a dimisión e os seus postos na universidade foron herdados polo seu fillo Robert Maskell Patterson.[1][2][3] En recoñecemento aos seus servizos na Universidade de Pensilvania concedéuselle o doutoramento honorífico en 1819.[2]
Entre outras sociedades e entidades asociativas, Robert Patterson foi membro do Select Council of Philadelfia, que presidiu a partir de 1799, e da American Philosophical Society,[4] da que foi elixido presidente en 1819.[1][2]
Director da casa da Moeda dos EEUU
[editar | editar a fonte]Patterson mantiña contacto epistolar co presidente Thomas Jefferson, quen o 17 de xaneiro de 1806 o nomeou director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que exerceu ata a súa morte.[1][2][5]
Vida persoal e familiar
[editar | editar a fonte]Patterson casou o 9 de maio de 1779 con Amy Hunter Ewing, con quen tivo oito fillos, entre eles Robert Maskell Patterson; e unha das súas fillas casou con Samuel Moore. Tanto o primeiro como o segundo dirixiron tamén a Casa da Moeda dos Estados Unidos.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Robert Patterson 1743 - 1824". University of Pennsylvania.
- ↑ "Patterson, Robert, 1743-1824". SnacCooperative.org
- ↑ "Robert M. Patterson". American Philosophical Society Member History.
- ↑ Evans, G. G. (1893).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, G. G. (1893). "Robert Patterso". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 102.
- Smith, P. (2012). "Patterson, Robert". En American Numismatic Biographies. Páxina 282.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Elias Boudinot |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1806-1824 |
Sucesor: Samuel Moore |