Saltar ao contido

Roberto Blanco Valdés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Blanco Valdés
Biografía
Nacemento(es) Roberto Luis Blanco Valdés Editar o valor en Wikidata
7 de novembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista Editar o valor en Wikidata
Interesado enNacionalismo e federalismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de xullo de 2014manifesto «Libres e Iguais»
5 de novembro de 2012Con Cataluña, con España Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMario Blanco Fuentes Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1162381 BUSC: blanco-valdes-roberto-luis Dialnet: 147616

Roberto Luis Blanco Valdés, nado na Estrada o 7 de novembro de 1957, é un profesor, escritor e columnista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Mario Blanco Fuentes, avogado e alcalde da Estrada. Catedrático de Dereito Constitucional e profesor do departamento de dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela. É articulista e analista político en diferentes medios de comunicación, como a Televisión de Galicia, a Radio Galega, La Voz de Galicia ou V Televisión.

Foi director de teses doutorais e de numerosos proxectos de investigación sobre cuestións de dereito político. Foi ademais, profesor nas Universidades de Georgetown e da Coruña, e investigador visitante na Universidade de Roma La Sapienza, tendo pronunciado discursos en ámbalas dúas,[1][2] e en universidades españolas e institucións europeas (como Dobbiaco, Boloña, Trieste, Milán, Roma, Turín, Calabria, Padua, Siena, Messina, Pau, Berlín, Porto, Lisboa) e americanas (Washington, California, Irvine, México, Chile, Ecuador, Brasil, Guatemala, Colombia, República Dominicana).[2]

Especialista en Dereito de partidos, foi convocado como experto pola Comisión para o Estudo e a Investigación sobre financiamento dos partidos políticos, creada en 1995 no Congreso dos Deputados, e ten participado durante os últimos anos en multitude de foros institucionais, reunións e congresos sobre materias relacionadas coa súa especialidade.[2]

É autor dúas ducia de publicacións sobre diferentes aspectos do dereito e da política e de máis dun cento de traballos publicados en libros colectivos e publicacións especializadas.[3]

  1. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Tomo V. El Progreso. 2005. p. 252. ISBN 84-87804-07-1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Roberto Luis Blanco Valdés. Área de Dereito Constitucional". Consultado o 13/08/2020. 
  3. Perfil de Roberto L. Blanco Valdés con motivo do Premio Fernández-Latorre 2001 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 8 de febreiro de 2010.
  4. Seoane, Andrés (6/12/2018). "Una Constitución de libro". El Cultural. Consultado o 13/08/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]