Roberto García Pernas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1965 (59 anos) Lousada, España |
Alcalde de Xermade | |
2015 – ← Tomás Rodríguez Arias | |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Roberto García.
Roberto García Pernas, nado en Lousada (Xermade) o 7 de xuño de 1965,[1] é un funcionario e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Titulado en FP Forestal-Medioambiental, é axente forestal, funcionario da Consellería de Medio Ambiente.[2] Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Xermade e foi elixido concelleiro.[3] Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2019 volveu ser elixido alcalde, desta volta por maioría absoluta, e deputado provincial. Nas eleccións de 2023 obtivo a alcaldía por terceira vez.
Predecesor: Tomás Rodríguez Arias |
Alcalde de Xermade 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Concello de Xermade". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ La Voz de Galicia, Monforte de Lemos, 20-3-1988, p. 32.
- ↑ La Voz de Galicia, Lugo, 18-4-2007, p. 6.