Roberto Valeiro
Nome orixinal | Roberto Valeiro Mato |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de setembro de 1974 ![]() A Coruña, España ![]() |
Altura | 1,93 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Porteiro |
![]() ![]() |
Roberto Valeiro Mato, nado na Coruña o 26 de setembro de 1974, é un ex futbolista galego. Xogaba como porteiro e militou en varios equipos galegos como o Racing Vilalbés ou o Lugo, pero destacou especialmente no fútbol praia, chegando a ser un dos mellores gardametas do mundo da especialidade e acumulando títulos internacionais coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado nas canteiras do Ural e o Español da Coruña,[1] formou parte do equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, pasando logo polo Sporting Zas de Rexional Preferente. En xullo de 1995 fichouno a SD Compostela, para xogar no seu filial, o Vista Alegre, e como terceiro porteiro do primeiro equipo, que militaba na Primeira División.[2][3] Pasou logo polo Lalín, o Español da Coruña e o Malpica, antes de recalar en 2002 no Racing Vilalbés.[4]
En xaneiro de 2005 fichou pola USD O Grove e en febreiro de 2006 polo CD Lugo, que militaba entón na Terceira División.[5] Gañou a titularidade no equipo lucense, co que acadou ese ano o ascenso á Segunda División B. Continuou dúas tempadas máis en Lugo, aínda que na segunda metade da tempada 2007/08 perdeu a titularidade en favor de Marcos Valín.[6]
Aos seus 34 anos decidiu deixar o fútbol 11 pero continuou na selección de fútbol ata 2010.
Fútbol praia
[editar | editar a fonte]No verán de 1998 disputou na praia de Riazor un torneo de fútbol praia, onde foi elixido mellor porteiro. Pouco despois o adestrador da selección española de fútbol praia, Joaquín Alonso, pediulle a Ramiro Amarelle, estrela da selección, que buscase un porteiro non profesional, e este elixiu a Valeiro.[4] En xaneiro de 1999 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo na praia de Copacabana, no Río de Xaneiro, onde España caeu en cuartos de final contra Portugal.[7] Foi o porteiro titular do equipo español durante os seguintes anos, conquistando tres Eurocopas (1999, 2008, 2009) e cinco Ligas Europeas (1999, 2000, 2001, 2003 e 2006), e xogando dúas finais do Mundial contra o Brasil (2003 e 2004). Foi elixido mellor porteiro do Mundial en dúas ocasións (2004 e 2008), mellor porteiro da Eurocopa noutras dúas (2001 e 2008) e mellor porteiro da Liga Europea en catro (2001, 2002, 2004 e 2006).
Tras a retirada
[editar | editar a fonte]Tras deixar o fútbol traballou como preparador físico no Bergantiños, onde foi tamén o segundo adestrador de Manuel Varela Bardanca. En marzo de 2010 tomou as rendas do equipo ata o final da tempada, por mor dunha lesión de Bardanca, conseguindo o obxectivo da permanencia en Terceira.[8][9]
En xuño de 2010 volveu ao Lugo como adestrador de porteiros, e creou no seo do club unha escola de gardametas.[10][11] Realizou dita labor no club lucense durante sete anos, ata que en 2017 deixou o equipo, incoporándose en 2018 á Cultural Leonesa.[12][13]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Selección española de fútbol praia
- Eurocopa (3): 1999, 2008 e 2009.
- Liga Europea (5): 1999, 2000, 2001, 2003 e 2006.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Teijeiro Aldariz, Alberto (25 de outubro de 2010). "A vida baixo o traveseiro". El Progreso. Consultado o 4 de maio de 2021.
- ↑ "Compostela, el futuro de Valencia" (en castelán). 27 de xullo de 1995. Consultado o 4 de maio de 2021.
- ↑ "El Compos intenta cerrar el fichaje de Babunsky". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 1995. p. 48.
- ↑ 4,0 4,1 "El internacional del Racing". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2002. p. 42.
- ↑ "El Deportivo Grove se refuerza con el portero Roberto, y el Céltiga con el centrocampista Diego Pérez". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 5 de xaneiro de 2005. p. 9.
- ↑ "Marcos Valín deja el Lugo y firma dos años con el Deportivo B". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 18 de xuño de 2008. p. 49.
- ↑ "Tres coruñeses parten con la selección española". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 1999. p. 53.
- ↑ "El Bergantiños recibe al líder Dépor B con muchas ausencias". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 8 de abril de 2010. p. 12.
- ↑ "El carballés Manuel Varela Bardanca es un entrenador feliz". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 11 de maio de 2010. p. 12.
- ↑ "Roberto Valeiro será el entrenador de porteros". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 21 de xullo de 2010. p. 37.
- ↑ "La escuela de porteros de Roberto Valeiro abre sus puertas". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 1 de agosto de 2010. p. 40.
- ↑ "Entrevista a Roberto Valeiro, entrenador de porteros de la CyD Leonesa" (en castelán). 28 de abril de 2019. Consultado o 4 de maio de 2021.
- ↑ "Componentes primera semana Pretemporada 18/19" (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 4 de maio de 2021.