Saltar ao contido

Robustiana Mujika Egaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobustiana Mujika Egaña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Robustene Mujika Egaña Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1888 Editar o valor en Wikidata
Deba, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Deba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, dramaturga, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoEuskal Pizkundea Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioTene Mujika Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Literaturaren Zubitegia: 334 BNE: XX5171202

Robustiana Mujika Egaña, nada en Deba, Guipúscoa, o 24 de maio de 1888 e finada o16 de setembro de 1981, foi unha escritora e poeta nacionalista vasca, máis coñecida como Tene Mujika.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Robustiana Mujika nada nunha familia de 12 irmáns, os seus pais rexentaban a tenda de alimentación do pobo. Tene, profundamente nacionalista, dedicouse desde moi nova á política e á literatura en éuscaro. Participou como oradora en numerosos actos públicos de EAJ-PNV e en 1935 foi nomeada presidenta de Emakume Abertzale Batza de Guipúzcoa, a asociación feminina do Partido Nacionalista Vasco.[1]

A súa obra atópase dispersa en xornais: Euskal Esnalea, Euzko-Deya, Gure Herria, Euskerea, O Día, Euskadi, Agur, Luzaro, Goiz-Argi e Deva. Segundo declaracións de Tene, perdeu moitas cousas escritas, porque cando saíu cara ao exilio, a súa irmá, asustada, queimou todos os papeis que tiña.[2]

Os seus poemas máis importantes son Aberriaren udaberria, Ama, Arno'ko Kurutza e o máis famoso Miren Itziar'ri idazkiaz eta olerkiak (cartas e poemas a María de Itziar), 19 cartas e 23 poesías líricas e descritivas de paisaxe e ambientes da época. Dunha poesía súa dedicada ao outono, extraeu Watson Kirkconnell un fragmento para a antoloxía European Elegies, publicada no 1928 en Otawa, Canadá.

Tamén foi autora de obras teatrais como Gogo oñazeak e, en 1968, publica Cadernos do vascuence falado como axuda aos pais que enviaban os seus fillos ás ikastolas.[3]

En 1975 foi nomeada membro de honra de Euskaltzaindia, Real Academia da Lingua Vasca.

En 1983 o concello de Deba convocou na súa honra o I Concurso de Narracións Curtas Tene Múgica e en 2006 o consistorio guipuscoano, xunto á editorial ELKAR, converteu este certame literario na Bolsa Tene Mujika.[4][5]

  • Miren Itziar'ri idazkiaz eta olerkiak, 1923 (cartas e poemas a María de Itziar).
  • Aberriaren udaberria
[editar | editar a fonte]
  • Joan Xose
Obras de teatro
[editar | editar a fonte]
  • Gogo oñazeak, 1934
  • Gabon, 1935
Sobre a lingua vasca
[editar | editar a fonte]
  • Cadernos do vascuence falado

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Primeiro premio no II Antzerti Eguna de 1935 (II Día do Teatro)
  • Primeiro premio dos Xogos Florais de Ondarroa
  • Premio no congreso Mariano de Oñate polo monologo Joan Joxe
  1. "Tene Mujika | Deba Información". 8 de xullo de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  2. "Tene Mujika — Ayuntamiento de Deba". Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  3. "Mugica Egaña, Robustiana - Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  4. "Nueva convocatoria de la Beca Tene Mujika — Ayuntamiento de Deba". Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  5. "Tene Mujika bekaren 13. deialdia abenduaren 10era arte egongo da zabalik. Deia, Noticias de Bizkaia". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2019. Consultado o 29 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]