Saltar ao contido

Robustiano Collazo Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobustiano Collazo Álvarez
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 1937 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7925

Robustiano Collazo Álvarez, nado en Vigo cara a 1900 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Ceboleira Teis. Militante da CNT, era directivo do Sindicato de Industria Pesquera de Bouzas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación e a de Manuel Fandiño Ricart, José Santiago Torres, José Paz Freiría, Ezequiel Collazo Ferreira, Germán Rodríguez, Mariano Pintos Diéz, Andrés Cordero Berastegui e Indalecio Rodríguez o 26 de agosto.[1] Capturado, foi asasinado no Toural o 23 de xuño de 1937.

  1. El Pueblo Gallego, 27-8-1936, p. 3.