Rocío de Frutos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Rocío de Frutos Madrazo 21 de xaneiro de 1967 (57 anos) Valladolid, España |
Deputada de España | |
13 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
María del Rocío de Frutos Madrazo, nada en Valladolid o 21 de xaneiro de 1967, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid e diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Vigo. Profesionalmente é inspectora de traballo. Desde 1990 está destinada en Ourense. Ocupou postos de relevancia política ao traballar como secretaria xeral da subdelegación do goberno en Ourense, entre 2004 e 2008. En 2010 figurou no equipo co que Jaime Cabeza se presentou, sen éxito, ao reitorado da Universidade de Vigo, nas eleccións que foron gañadas por Salustiano Mato.
Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 2015, logo de ser designada pola dirección galega do partido e en contra da opinión da militancia, que escollera en primarias a Laura Seara.[Cómpre referencia]
Foi unha dos quince deputados do PSOE que votaron en contra na segunda sesión de investidura de Mariano Rajoy para presidente o 29 de outubro de 2016.[1]
Actualmente[cando?] é a directora provincial do INSS en Ourense.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cruz, Marisa (29/10/2016). "Rajoy, investido presidente gracias a la abstención de todos los diputados del PSOE excepto 15". El Mundo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 29 de novembro de 2020 en Wayback Machine.