Rochester, Vermont
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Vermont | ||||
County of Vermont (en) | Condado de Windsor (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.099 (2020) (7,4 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 621 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 148,6 km² | ||||
Altitude | 620 m | ||||
Creación | 1780 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 05767 | ||||
Prefixo telefónico | 802 | ||||
Rochester é unha cidade do condado de Windsor, no estado de Vermont, Estados Unidos.
A vila central está sinalada como "Rochester (CDP), Vermont", no lugar designado polo censo dos Estados Unidos.
Situada no bordo do Green Mountain National Forest (Bosque Nacional de Green Mountain), a cidade é un destacado destino turístico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ocupa unha superficie de 148,6 km2, dos cales 147,8 km2 son de terra e 0,8 km2, o 0,53 %, de auga.
A súa poboación no ano 2010 era de 1 139 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 7,7 hab./km2.
A superficie da cidade é montañosa e abrupta, pero os terreos nos bordos do curso do río White, que drena a cidade, propician boas terras para os cultivos.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Rochester foi outorgada en 1780, e alquilada en 1781 a Dudley Chase, Asa Whitcomb e outros 63 colonos, e organizada en 1788. David Currier e a súa familia establecéronse alí no inverno de 1781-1782.[2]
Os límites de Rochester expandíronse a través da anexión de parte da cidade de Pittsfield en 1806, a anexión doutra parte da cidade de Pittsfield e máis dunha parte da cidade de Braintree en 1824, outra parte da cidade de Hancock en 1834 e, finalmente, a anexión de parte da cidade de Goshen en 1847.[3]
A pesar da súa difícil orografía, no século XIX había lugares que subministraban enerxía para os muíños de auga. En 1859, cando a súa poboación era de 1 493 habitates, había industrias que incluían un muíño, varios serradoiros, unha fábrica de bocois e varios de talleres mecánicos.[2]
Rochester foi unha das trece cidades de Vermont illadas polas inundacións causadas polo furacán Irene en 2011.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa das cidades de Vremont, con Rochester en vermello
-
Vista do Green Mountain National Forest
-
Main Street en 1912
-
Residencia Pierce contra 1915
-
A cidade contra 1900
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profile of General Population and Housing Characteristics: 2010 Demographic Profile Data (DP-1): Rochester town, Windsor County, Vermont". U.S. Census Bureau, American Factfinder. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Austin J. Coolidge & John B. Mansfield, A History and Description of New England; Boston, Massachusetts 1859
- ↑ "Vermont Secretary of State, State Papers of Vermont, Volume 1: Index to the Papers of the Surveyors-General (páxina 124)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2015. Consultado o 04 de febreiro de 2020.
- ↑ Floodwaters From Storm Isolate 13 Vermont Towns, The New York Times, 31-09-2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rochester, Vermont |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal:Vermont (en castelán).