Saltar ao contido

Rodolfo II de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodolfo II de Borgoña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento880 ↔ 885 Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 937 ↔ 13 de xullo de 937 Editar o valor en Wikidata (47/57 anos)
Lugar de sepulturaAbadia de São Maurício (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lay abbot of Saint-Maurice-d'Agaune (en) Traducir
911 – 937
← Rodolfo I da Borgonha (pt) TraducirConrado III de Borgoña →
Rei de Italia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloKing of Burgundy (en) Traducir (928–937)
King of Lower Burgundy (en) Traducir (928–)
Rei de Italia (922–926)
King of Upper Burgundy (en) Traducir (912–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaRodolphiens e Antiga Casa de Guelfo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBerta da Suábia Editar o valor en Wikidata
FillosBurchard I of Lyon, Conrado III de Borgoña, Adelaide da Itália, Heinrich I. von Lausanne Editar o valor en Wikidata
PaisRodolfo I da Borgonha Editar o valor en Wikidata  e Guilla da Provença Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilla of Burgundy
Waldrada of Burgundy Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bourgogne-57

Rodolfo II de Borgoña,[1] nado en 880 e finado en 937, foi rei de Borgoña Transxurana (912 -937), rei da Borgoña Cisxurana con Provenza (934 -937) e rei de Italia (922 - 926).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Rodolfo I de Borgoña e membro da Antiga Casa de Welf. Casou con Berta de Suabia chamada A Fiadeira e tiveron dous fillos:

  • Conrado III "o Pacífico" .
  • Adelaida de Borgoña, casada con Lotario de Arles, rei de Italia (944-950), e despois da súa morte co emperador Otón I.
  • Sucedeu a seu pai, Rodolfo I (falecido o 25 de outubro de 911 ) como rei de Borgoña Transxurana sendo coroado en 912. En 922, fixo un pacto con Henrique I de Alemaña que lle deu territorios en Suabia a cambio da Santa Lanza que despois sería unha das insignias imperiais[2]. O mesmo ano foi chamado por algúns nobres italianos para intervir en Italia contra Berengario de Friúl (Berengario I de Italia). Foi a Italia e foi coroado en Pavia. En 923 derrotou a Berengario en Piacenza e ao ano seguinte Berengario foi asasinado (924), morte que se sospeitaba de fora encargada por Rodolfo. Desde entón o rei residía alternativamente en Italia e na Borgoña Transxurana.

En 925, a nobreza italiana volveuse contra el e chamou a Hugo de Arles, conde de Arles e rexente da Borgoña Cisxurana con Provenza (onde era rei Lois III o Cego). En 926 este presentouse en Italia, desembarcando en Pisa e marchando a Pavia, onde foi coroado. Hugo fixo un acordo con Rodolfo e este retirouse a Borgoña, deixándolle o camiño libre. En 933, os nobres italianos pediron de novo a Rodolfo que fose a Italia para ser coroado. Hugo de Arles, que no 928 á morte de Lois, ignorara os dereitos do seu fillo, Carlos Constantino, ao que só deixara o condado de Viena, que seguramente pasou ao reino de Francia (arredor do 930), e chegara ao trono., renunciou ao resto de Borgoña Cisxurana (Lion) e Provenza en favor de Rodolfo II a cambio da renuncia deste ao reino de Italia. En 934 Rodolfo reunira os dous reinos, e o novo estado que xurdiu foi chamado reino das Dúas Borgoñas e despois do 937 (xa baixo o seu fillo e sucesor) como reino de Arles (pola capital).

Morreu en 937 e sucedeuno o seu fillo Conrado, Conrado III de Borgoña o Pacífico.

  1. "BURGUNDY KINGS". fmg.ac. Consultado o 2023-09-05. 
  2. Francis Rapp, Le Saint Empire romain germanique, colección «Points Histoire», Lonrai, 2003, pàg. 47.