Saltar ao contido

Rodolfo Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodolfo Noya
Nome orixinalRodolfo Noya Domínguez
Biografía
Nacementodécada de 1920 Editar o valor en Wikidata (95/105 anos)
A Guarda, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Familia
PaiXoán Noya Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuís Noya Editar o valor en Wikidata

Rodolfo Noya Domínguez, nado na Guarda, é un exfutbolista galego. Xogou en varios equipos galegos e na UD Huesca antes de emigrar a Venezuela, onde xogou durante anos na Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do impresor e futbolista Xoán Noya, represaliado polo franquismo, xogou tamén ao fútbol dende novo. Militou no Domaio FC, no Atlántida de Matamá e no Canido e en 1947 foi facer o servizo militar a Ferrol, onde se enrolou no Arsenal.[1]

Posteriormente xogou no Marín e logo foi co adestrador Lelé para a UD Huesca.[2] Con este equipo logrou o ascenso á Segunda División na tempada 1949/50.

A continuación emigrou a Caracas, onde xogou na Primeira División de Venezuela co Loyola, xunto ao seu irmán Luís e ao seu futuro cuñado Douglas Vidal.[3] Posteriormente xogou no Deportivo Celta, convertido logo en Deportivo Galicia, e no Deportivo Vasco e dúas tempadas no La Salle, co que disputou a Pequena Copa do Mundo en 1955.[4] Pechou a súa carreira no Estudiantes, sucesor do Loyola.[5]

En 1963 instalouse na cidade venezolana de Valencia, onde foi un dos catro fundadores ao ano seguinte do Valencia Fútbol Club. Foi directivo do club e máis tarde presidente, e participou tamén na fundación do Hermandad Gallega Fútbol Club. Ademais estivo ligado á Federación Venezolana de Ciclismo, organizou torneos de golf e foi presidente do equipo de béisbol Navegantes del Magallanes.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É fillo de Xoán Noya, irmán entre outros de Luís Noya, cuñado de Douglas Vidal e tío de Cheché Vidal. Casou en Venezuela con Olga van Der Velde, coa que tivo sete fillos, entre eles o director de orquestra Francisco Noya e o músico electrónico Miguel Noya.[5]

  1. "Figuras del deporte modesto". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de outubro de 1947. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  2. "Galería". El Pueblo Gallego (en castelán). 26 de novembro de 1949. p. 3. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  3. "Rodolfo Noya, medio izquierda del Loyola, es la sensación del Campeonato venzolano". Hoja oficial del Lunes (en castelán). 18 de xuño de 1951. p. 3. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  4. "Pequeña Copa del Mundo 1955 (Caracas-Venezuela)". rsssf.com (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Rodolfo “Fito” Noya un defensa que supo deleitar con su zurda prodigiosa" (en castelán). 19 de agosto de 2019. Consultado o 15 de abril de 2021.