Rodrigo Seoane
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1999 (25 anos) Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Rodrigo Seoane Rodicio, nado en Ourense o 16 de agosto de 1999, é un xogador de baloncesto galego, que xoga de ala . Actualmente xoga no Basket Navarra da Liga LEB Prata, cedido polo UCAM Murcia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Club Ourense Baloncesto e durante as tempadas 2015-2016 e 2016-2017 xogou no filial deste club na Liga EBA, cunha media na última tempada de 12 puntos e 6 rebotes por partido.
En agosto de 2017, o ala comprometeuse co UCAM Murcia da Liga ACB ata 2021, incorporándose ao equipo filial da Liga EBA e comezando os seus estudos universitarios na Universidade Católica de Murcia, patrocinador principal do equipo.[1] Durante as tempadas 2017-18 e 2018-19 xogou no UCAM Murcia B da Liga EBA, facendo unha media de 13 puntos e cinco rebotes por partido, con 13 de valoración.
No verán de 2019 o UCAM Murcia cedeuno por unha tempada ao Peixefresco Marín, recentemente ascendido á LEB Ouro.[2][3]
En agosto de 2020 foi cedido de novo, esta vez ao Basket Navarra Club da Liga LEB Prata.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rodrigo Seoane juventud y futuro para el UCAM Murcia" (en castelán). 16 de agosto de 2017. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Rodrigo Seoane cedido al Marín Peixegalego" (en castelán). 23 de xullo de 2019. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Rodrigo Seoane, más "Galicia Calidade" para el Marín Ence Peixegalego" (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "El alero Rodrigo Seoane llega cedido al Basket Navarra desde el UCAM Murcia" (en castelán). 17 de agosto de 2020. Consultado o 3 de abril de 2021.