Rodrigo de Mandiá Parga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rodrigo de Mandiá y Parga ![]() 1607 ![]() Ferrol ![]() |
Morte | 20 de outubro de 1674 ![]() Astorga ![]() |
Bispo de Astorga | |
12 de decembro de 1672 – ← Matías Moratinos Santos (en) ![]() ![]() Diocese: Diocese de Astorga | |
Bishop of Almeria (en) ![]() | |
9 de abril de 1663 – ← Alfonso Pérez de Humanares (en) ![]() ![]() Diocese: Diocese de Almeria (pt) ![]() | |
![]() ![]() | |
14 de outubro de 1652 – | |
Bispo titular | |
14 de outubro de 1652 – Diocese: Siriensis (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cóengo , sacerdote católico , bispo católico ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Consagración | Carlo Bonelli (pt) ![]() ![]() |
Rodrigo de Mandiá Parga, nado en Ferrol en 1607 e finado en Astorga o 20 de outubro de 1674, foi un xurista e relixioso galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Diego Yaces de Mandiá e de Isabel Fernández de Leizo y Doca, membros acomodados da pequena nobreza ferrolá, estudou no Colexio Maior San Clemente da Universidade de Santiago de Compostela e no Colexio Maior de Cuenca da Universidade de Salamanca.
Logo de ser ordenado sacerdote cara a 1643, foi provisor en Mondoñedo, Osma, Sigüenza, Cuenca e Xaén, cóengo e chantre de Santiago de Compostela, bispo titular de Siria desde 1652 e vigairo en Madrid polo arcebispo de Toledo Baltasar Moscoso Sandoval, chanceler e mestrescola na Universidade de Salamanca, bispo de Almería desde 1663 e de Astorga desde 1672.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López Martín, J. (1999): La Iglesia en Almería y sus obispos, tomo I, pp. 457-478.
- ↑ Flórez, E. (1747): España sagrada.Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVI, p. 303.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Couceiro Freijomil, A. (1952). "MANDIÁ Y PARGA, Rodrigo de". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 370.