Rogelio Alonso Chao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1909 ![]() Freás, España ![]() |
Morte | século XX ![]() Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
![]() |
Rogelio Alonso Chao, nado no Souto (Freás, Punxín) o 30 de agosto de 1909 e finado na Arxentina, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o fundador do Sindicato de Oficios Varios da Castiñeira (Punxín) da CNT, con Manuel López Lamas, a principios da década de 1930. Detido en xullo de 1934 con Manuel Amil e José Moreno despois dunha xira de propaganda pola Limia e Monterrei, foi novamente maltratado pola Garda Civil en agosto e marchou traballar na construción do ferrocarril en Requeixo de Seabra, onde participou na organización de sindicatos da CNT.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e despois pasou a Madrid, onde participou na Agrupación de Gallegos Libertarios, da que foi nomeado delegado de Trabajo y Solidaridad en 1938. Ao final da guerra, regresou a Punxín, onde foi arrestado. Encartado na causa 485/42 xunto con Manuel López Lamas, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión e condenado a 20 anos de prisión en maio de 1943, posteriormente conmutada por 12 anos. Estivo na Prisión Provincial de Ourense ata que obtivo a liberdade condicional en xuño de 1943.[1] En outubro de 1946 residía en Punxín e solicitou a liberdade definitiva, para ir ás feiras a vender gando. Para escapar da represión, marchou a Arxentina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 24-7-1943, p. 7158.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 84-87783-79-1.
- Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (A)