Rogelio Núñez de Couto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Tenorio, España |
Morte | marzo de 1937 Ourense, España |
Alcalde de Ourense | |
1936 – 1936 ← Santos Fernández Fueyo – Manuel Suárez Castro → | |
Alcalde de Ourense | |
1922 – 1923 ← Alfonso Junquera Devesa – Alfonso Junquera Devesa → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca (–1899) |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, político |
Familia | |
Fillos | Xosé Núñez Búa |
Irmáns | Joaquín Núñez de Couto |
Rogelio Núñez de Couto, nado en Tenorio (Cotobade) e finado en Ourense en marzo de 1937,[1] foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Manuel Ángel Couto e irmán de Joaquín Núñez de Couto. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca (1899).[2] Foi nomeado oficial da Sección de Instrución Pública da provincia de Ourense en 1902.[3] Creou co seu irmán Joaquín o colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía. Foi profesor axudante e logo auxiliar de letras do Instituto de Ourense (1904) e logo catedrático do mesmo instituto. Dirixiu o Boletin del Magisterio de Ourense. Militante do Partido Liberal, foi alcalde de Ourense de 1922 a 1923. Logo da proclamación da Segunda República xunto con outros antigos militantes liberais, ingresou no Partido Republicano a finais de abril de 1931.[4] Logo militou no Partido Radical, foi nomeado concelleiro polo gobernador civil en novembro de 1935,[5] e volveu ser nomeado alcalde de Ourense en xaneiro de 1936.
Predecesor: Alfonso Junquera Devesa |
Alcalde de Ourense 1922 - 1923 |
Sucesor: Alfonso Junquera Devesa |
Predecesor: Santos Fernández Fueyo |
Alcalde de Ourense 1936 |
Sucesor: Manuel Suárez Castro |
Obras
[editar | editar a fonte]- Nociones de Derecho, 1912.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Xosé Núñez Búa.