Roland Thibeau
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1948 ![]() Élouges, Bélxica (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Roland Thibeau, nado en Élouges (Dour) o 21 de abril de 1948, é un escritor belga de lingua picarda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou interpretación dramática no Institut des Arts de Diffusion e participou en diversas obras dramáticas como actor, director de escena ou autor. É tamén profesor do Institut des Hautes Études des Communications Sociales [1]
Obra en picardo
[editar | editar a fonte]La dame sur le terril é unha colección de relatos en picardo que publicou en 2007. En 2008 recibiu o premio literario de linguas rexionais endóxenas da Comunidade Francesa de Bélxica pola peza teatral Moneuse.[2]
En 2015 foi un dos antologados no libro Le voyage en Oïlie, dedicado a autores en linguas de oil. En 2016 a súa adaptación de O Principiño ao teatro en picardo e valón gañou o premio de teatro da Fête aux langues de Wallonie e ao ano seguinte a súa peza sobre a segunda guerra mundial, Merci, monsieur Doukhane volveu gañar o premio.
Obra en francés
[editar | editar a fonte]En francés publicou a novela Ce bon Monsieur Charles (2014) e as coleccións de relatos La République de la Feigne (2009), Aux dernières nouvelles de l’humaine perversité (2010), L’Ensaignement supérieur (2011) e Merci Monsieur Roose (2014).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IHECS Academy". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2017.
- ↑ "Service des langues régionales endogènes". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2017.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roland Thibeau ![]() |