Saltar ao contido

Rolls-Royce Nene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolls-Royce Nene
Tipoturborreactor
FabricanteRolls-Royce
Primeiro encendido27 de outubro de 1944
Principais aplicaciósCanadair CT-133 Silver Star
Dassault Ouragan
de Havilland Vampire
Grumman F9F Panther
Hawker Sea Hawk
N.º construídos1 139
Desenvolvido doRolls-Royce Derwent
Desenvolvido enRolls-Royce Derwent V
Rolls-Royce RB.44 Tay
Pratt & Whitney J48
Klimov VK-1

O Rolls-Royce RB.41 Nene é un motor turborreactor de compresor centrífugo británico dos anos 40. O Nene foi un redeseño completo, en vez dun Rolls-Royce Derwent ampliado[1] cun obxectivo de deseño de 22 kN, converténdose no motor máis potente da súa época. Foi o terceiro motor a reacción de Rolls-Royce en entrar en produción, e o primeiro acendido realizouse menos de 6 meses despois de iniciar o deseño. Foi chamado así polo río Nene mantendo a tradición da compañía de nomear aos seus motores de reacción como ríos.

O deseño non foi moi usado entre avións de deseño británico, sendo pasado por alto en favor do Avon de fluxo axial que o seguiu. No Reino Unido só foi usado de xeito xeneralizado no Hawker Sea Hawk e no Supermarine Attacker. Nos Estados Unidos fabricouse baixo licenza como o Pratt & Whitney J42, e equipou ao Grumman F9F Panther. O seu uso máis xeneralizado foi na forma do Klimov VK-1, unha versión modificada e agrandada realizada a través de enxeñería inversa, que producía 27 kN de pulo e equipou ao famoso Mikoyan-Gurevich MiG-15, un exitoso caza que foi fabricado en grandes cantidades.

Fabricouse unha versión lixeiramente ampliada máis potente do Nene como o Rolls-Royce Tay.

  1. Gunston, Bill (1989). Rolls-Royce aero engines. [Wellington, Northamptonshire, England]: P. Stephens. ISBN 1-85260-037-3. OCLC 21525683.