Rolls-Royce Silver Ghost
Rolls-Royce 40/50 Silver Ghost | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Automóbil de luxo |
Marca | Rolls-Royce ![]() |
Fabricante | Rolls-Royce ![]() |
Matriz | Rolls-Royce |
Período | ╴1926 |
Produción | Rolls-Royce Ltd (Reino Unido) Rolls-Royce of America (Estados Unidos) |
Montaxe | Reino Unido: Derby, Inglaterra Estados Unidos: Springfield, Massachusetts[1] |
Configuración | |
Segmento | F |
Tren motriz | |
Motor | motor de gasolina ![]() |
Velocidade máxima | 135 km/h ![]() |
Dimensións | |
Lonxitude | 4.880 mm ![]() |
Anchura | 1.715 mm ![]() |
Altura | 2.250 mm ![]() |
Peso | 1.760 kg ![]() |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |


Motor de seis cilindros con válvulas laterais de 7.428 cc.
O nome Rolls-Royce Silver Ghost refírese tanto a un modelo de coche como a un coche específico desa serie. Orixinalmente chamado "40/50 h.p.", o chasis fíxose por primeira vez nas fábricas de Royce en Manchester, e a produción trasladouse a Derby en xullo de 1908, e tamén, entre 1921 e 1926, en Springfield, Massachusetts, USA. O chasis nº 60551, rexistrado AX 201, foi o coche que orixinalmente recibiu o nome de "Silver Ghost". Outros coches de 40/50 cv tamén recibiron nomes, pero o título de Silver Ghost foi retomado pola prensa, e pronto todos os 40/50 recibiron ese nome, feito que Rolls-Royce non recoñeceu oficialmente ata 1925, cando se lanzou a gama Phantom.
O Silver Ghost foi a orixe da afirmación de Rolls-Royce de fabricar o "mellor coche do mundo", unha frase acuñada non por eles mesmos, senón pola prestixiosa publicación Autocar en 1907.[2] O chasis e o motor tamén se utilizaron como base dunha gama de Rolls-Royce Armored Cars. En decembro de 1923, catro amigos de Woodrow Wilson participaron para comprarlle ao ex presidente un Silver Ghost, poucas semanas antes da morte de Wilson en febreiro de 1924. O coche modificárase para que Wilson, que estaba discapacitado, puidese entrar e saír do coche máis facilmente.
Historia
[editar | editar a fonte]
En 1906, Rolls-Royce produciu catro chasis para exhibilos no salón de automóbiles de Olympia, dous modelos existentes, un catro cilindros 20 hp e un seis cilindros 30 hp, e dous exemplares de coche novo denominado 40/50 cv. O 40/50 cv era tan novo que os coches de exhibición non estaban completamente rematados, e non se proporcionaron exemplaress á prensa para probalos ata marzo de 1907.[3]
O coche tiña ao principio un novo motor de seis cilindros e válvulas laterais de 7036 cc (7428 cc desde 1910) cos cilindros fundidos en dúas unidades de tres cilindros cada unha, en oposición ás unidades de dous cilindros triplos dos seis anteriores. Nun primeiro momento incorporouse unha transmisión de tres velocidades con unidades de catro velocidades usadas a partir de 1913. O Veo de manivelas de sete rodamentos tiña lubricación a presión total, e o rodamento principal central facíase especialmente grande para eliminar as vibracións, dividindo esencialmente o motor en dúas unidades de tres cilindros. En cada cilindro instaláronse dúas buxías, a partir de 1921, podíase elixir entre encendido por magneto ou por bobina de indución.[4] Os primeiros coches utilizaran unha bobina de vibración para producir a chispa cunha magneto como un extra opcional que pronto convirtiuse en estándar: a instrución era arrancar o motor co vibrador/batería e oego cambiar ao magneto. O desenvolvemento continuo permitiu aumentar a potencia de saída de 48 bhp (36 kW) a 1.250 rpm a 80 bhp (60 kW) a 2.250 rpm. A iluminación eléctrica converteuse nunha opción en 1914 e normalizouse en 1919.[5] O arranque eléctrico instalouse a partir de 1919[4] xunto con luces eléctricas para substituír as antigas que usaban acetileno ou aceite.
O desenvolvemento do Silver Ghost suspendeuse durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que o chasis e o motor foron fornecidos para o seu uso en coches Rolls-Royce blindados.[6] Un Silver Ghost azul de 1909 coñecido como Blue Mist, anteriormente propiedade dun lord irlandés, utilizouno Lawrence de Arabia como o seu coche persoal durante o Rebelión árabe.[7][8] A construción dunha réplica de Blue Mist comezou en 2018.[9]
O chasis tiña eixes dianteiro e traseiro ríxidos e suspensión de béstas por todas partes. Os primeiros coches só tiñan freos nas rodas traseiras operados por unha panca manual, cun freo de transmisión accionado por pedal que actuaba sobre o eixe da transmisión. O sistema de freo de pé pasou aos tambores do eixe traseiro en 1913. Os freos servoasistidos nas catro rodas pasaron a ser opcionales en 1923.[4]
A pesar destas melloras, o rendemento dos competidores do Silver Ghost mellorara ata o punto de que a súa anterior superioridade fora erosionada a principios dos anos vinte. As vendas diminuíron de 742 en 1913 a 430 en 1922. A compañía decidiu lanzar o seu substituto que presentouse en 1925 como Novo Phantom.[10] Despois disto, os modelos 40/50 máis antigos chamáronse Silver Ghosts (Pantasmas de Prata) para evitar confusións.
Producíronse un total de 7874 coches Silver Ghost entre 1907 e 1926, incluíndo 1701 da fábrica estadounidense de Springfield. O prezo do chasis documentado para a versión estadounidense de 1921 foi de 11.750 dólares estadounidenses (207,138 dólares de 2024).[4][1] Moitos deles aínda circulan hoxe en día. Un bo exemplo está exposto no National Motor Museum, Beaulieu.
As aguias alpinas
[editar | editar a fonte]James Radley inscribiu un 40/50 no prestixioso Austrian Alpine Trial de 1912, pero a súa caixa de cambios de 3 velocidades resultou inadecuada para o ascenso do paso de Katschberg. Un equipo de fábrica de catro coches preparouse para o evento de 1913 con caixas de cambios de catro velocidades, e a potencia do motor aumentou de 60 bhp (45 kW) a 75 bhp (56 kW) mediante un aumento da relación de compresión e un carburador máis grande. O equipo gañou seis premios, incluíndo a Copa Arquiduque Leopold. As réplicas dos coches vencedores puxéronse en produción e vendéronse oficialmente como modelos Continental, pero foron chamados Alpine Eagles polo xefe de probas (e máis tarde director xeral de Rolls-Royce) Ernest Hives, e este é o nome que conservaron.[Cómpre referencia]
O Silver Gost
[editar | editar a fonte]En 1907 Claude Johnson, director comercial e xerente de Rolls-Royce, ordenou que a compañía usase un coche como demostración. Con chasis núm. 60551 e matrícula AX 201, foi o 12º 40/50 cv que se fabricaba,[3] e estaba pintado con pintura de aluminio con accesorios chapados en prata. O coche chamouse "Silver Ghost" (pantasma prateado) para enfatizar o seu silencio pantasmal,[11] e unha placa que leva este nome adornaba o mamparo. Instalouse unha carrozaría descuberta de Roi-des-Belges do carroceiro Barker, e o coche preparouse para as probas de fiabilidade escocesas de 1907 e, inmediatamente despois, outra proba de 24.000 km. que incluía a condución entre Londres e Glasgow 27 veces.
O obxectivo era dar a coñecer a nova empresa e mostrar a fiabilidade e a tranquilidade do seu novo coche. Esta era unha idea arriscada: os coches daquela época eran notoriamente pouco fiables e as estradas da época podían ser horrendas. Con todo, o coche púxose a proba e, coa prensa a bordo, bateu varios récords. Mesmo despois de 11.000 km., o custo de mantenemento do coche foi de 2´13 libras (£2,13). [3] Estableceu a reputación do 40/50 e de Rolls-Royce.
O "AX 201" vendeuse en 1908, por £ 750, a Sir Daniel Hanbury, quen o usou repetidamente para viaxar á súa residencia italiana, Villa della Pergola en Alassio, na Riviera italiana, partindo da súa residencia inglesa en Castle Malwood en Lyndhurst en Hampshire.[12]
Este coche recuperouno a empresa en 1948. Desde entón, utilízase como coche publicitario e viaxou por todo o mundo. En 1991, o coche restaurouse.
En 2005 considerouse o coche máis valioso do mundo, o seu valor asegurado situouse en 35 millóns de dólares.[13] Despois da venda de Rolls-Royce Motors Ltd en 1998, o coche pasou á propiedade de Bentley Motors.[3]
-
AX 201 nunha foto de 1990, antes da restauración
-
AX 201 coa carrozaría e o chasis separados
-
A parte traseira do AX 201 mostra o marco de cinza
Galería
[editar | editar a fonte]-
1909 landaulet de Hooper, Science Museum, Londres
-
1910 vehículo de turismo, National Automobile Museum, Reno
-
1912 Turismo
-
1914 turismo no Museo Nazionale dell'Automobile, Torino
-
1914 interior do Silver Ghost de Kellner
-
1920 chasis 40FW turismo de Labourdette
Notas
[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Kimes, Beverly R. (1996). Clark, Henry A., ed. The Standard Catalog of American Cars 1805-1945. Kraus Publications. pp. 1307–1308. ISBN 0873414780.
- ↑ "1907-1918 Rolls-Royce Silver Ghost pre-WW1". K500.com. Consultado o 20 de decembro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Evans, Michael (2004). In the Beginning-the Manchester Origins of Rolls-Royce. Derby, UK: Rolls-Royce Heritage Trust. ISBN 1-872922-27-9.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Baldwin, N. (1994). A-Z of Cars of the 1920s. Devon, UK: Bay View Books. ISBN 1-870979-53-2.
- ↑ Erro na cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeBird&Hallows
- ↑ Chariots of war
- ↑ Well Here We Are
- ↑ Cambridge News
- ↑ PR Web
- ↑ Pugh, Peter (2001). The Magic of a Name - The Rolls-Royce Story: The First 40 Years. Icon Books. ISBN 1-84046-151-9.
- ↑ "1922 Rolls Royce Silver Ghost". Heritage Museum and Gardens. Heritage Museums & Gardens. Consultado o 2 de xullo de 2023.
- ↑ Burgess-Wise, David (outubro 2020). "The Original Silver Ghost". Automobil 38 (8): 20.
- ↑ Schaffels, Brandy; Markus, Frank. "2005 Concours at Cranbrook". Motor Trend. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rolls-Royce Silver Ghost ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Ambassador Extraordinary - A History of 'The Silver Ghost'", reprint from Queste, 1990
- Rolls-Royce and Bentley Models