Romaric Belemene
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1997 (27 anos) Pointe-Noire, República do Congo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 202 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Judicaël Romaric Belemene Dzabatou, máis coñecido como Romaric Belemene, nado o 19 de febreiro de 1997 en Pointe-Noire é un xogador profesional de baloncesto congolés que xoga no Cáceres Patrimonio de la Humanidad da Liga LEB Ouro. Xoga na posición de ala.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Pointe-Noire (República do Congo), Belemene comezou a súa carreira no baloncesto como adolescente no Campus de Serge Ibaka.[1] Con catroce anos asinou polo Unicaja Málaga, xogando nas categorías inferiores do club malagueño. Tras varios anos de formación, en 2013 pasa a formar parte do filial do equipo. Na súa primeira temporada, en liga EBA, fai unha media de 9,3 puntos e 5,6 rebotes por partido. Ao ano seguinte seguinte aumenta as súas prestacións ao chegar aos 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido.[2] Na campaña 2014−15 debuta en LEB Prata, debutando tamén co primeiro equipo na máxima categoría, a Liga ACB. O seu debut en ACB sería o 19 de outubro de 2014 ante o La Bruixa d'Or Manresa no Palacio de Deportes Martín Carpena.[3] Na temporada seguinte, de novo co Clínicas Rincón en LEB Prata, anotou 14,9 puntos e capturou 5,6 rebotes por partido en 34 aparicións.[4]
Na temporada seguinte foi considerado candidato para o Draft da NBA 2016, aínda que declinou participar finalmente.[5] No verán dese mesmo ano asina unha cesión por dous anos co ICL Manresa en ACB. Na temporada 2016−17 xoga 30 encontros, onde fai unha media de 3 puntos e 2 rebotes en 10 minutos por encontro. Ao acabara temporada non segue no equipo de ACB e vai cedido de novo, esta vez ao Oviedo de LEB. No club asturiano fai unha media de 9,2 puntos e 4,4 rebotes por encontro en liga regular. Tras finalizar a temporada volve a máxima categoría asinando polo Club Baloncesto Breogán, esta vez como axente libre.
O 28 de xullo de 2020, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Club Básquet Coruña da Liga LEB.[6]
Clubs
[editar | editar a fonte]- Clínicas Rincón (EBA / LEB Prata, 2013−2016)
- Unicaja Málaga (ACB: 4 partidos, 2014−2015)
- ICL Manresa (ACB, 2016−2017)
- Oviedo (LEB, 2017−2018)
- Breogán (ACB, 2018−2019)
- Legia Warszawa (PLK, 2019−2020)
- Melilla (LEB, 2020)
- Coruña (LEB, 2020−2021)
- Cáceres (LEB, dende 2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Partnership with Bàsquet Manresa". Serge Ibaka Foundation.
- ↑ "Belemene, Romaric - Adidas Next Generation Tournament". Adidas NGT.
- ↑ "Romaric Belemene en ACB.com". Liga ACB. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Federación Española de Baloncesto - Competiciones FEB". FEB.
- ↑ "Thirty-three international early-entry candidates withdraw from Draft". NBA. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2019. Consultado o 01 de agosto de 2018.
- ↑ Romaric Belemene, novo xogador de Leyma Coruña
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en feb.es (en castelán)
- Nados en 1997
- Nados na República do Congo
- Xogadores de baloncesto da República do Congo
- Alas de baloncesto
- Xogadores do CB Málaga
- Xogadores do Bàsquet Manresa
- Xogadores do Oviedo CB
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do Melilla Baloncesto
- Xogadores do Club Básquet Coruña
- Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto