Romasanta. A caza da besta
Romasanta. A caza da besta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Romasanta. La caza de la bestia |
Director | Paco Plaza |
Produtor | Julio Fernández |
Guión | Elena Serra Alberto Marini |
Intérpretes | Julian Sands Elsa Pataky John Sharian Gary Piquer David Gant Maru Valdivieso Laura Mañá Luna McGill Carlos Reig Reg Wilson Ivana Baquero Arantxa Peña Tacho González |
Música | Mikel Salas |
Fotografía | Javier G. Salmones |
Montaxe | David Gallart |
Estrea | 2004 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Romasanta (en castelán: Romasanta. La caza de la bestia) é un filme dirixido por Paco Plaza, baseado nunha novela de Alfredo Conde e na historia verídica de Manuel Blanco Romasanta, tamén coñecido como o home lobo de Allariz. Filmouse entre o 28 de xullo e o 29 de setembro do 2003 entre a provincia de Barcelona e Galiza.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia está ambientada en 1851 nunha aldea galega no medio do bosque, onde viven Bárbara (Elsa Pataky) e a súa irmá Josefa. Non se atreven a saír da casa por mor dos asasinatos masivos que teñen lugar na zona, debido aos cales se expande a lenda da existencia dun home lobo.
Un día chega á zona un vendedor ambulante chamado Manuel Romasanta (Julian Sands), amante de Josefa, do que Bárbara está namorada en segredo. Romasanta acompaña a Josefa á cidade, pero esta nunca chega ao seu destino.
Romasanta é capturado como o temido home lobo. Alega na súa defensa que é vítima dunha maldición. A sociedade divídese: os aldeáns esixen que se castigue a Romasanta, mentres os burgueses, cun reputado antropólogo á fronte, xustifican os seus actos ao considerar que padece a licantropía en forma de enfermidade mental.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio ao mellor director no Festival de Cine de Málaga.
- Candidata aos Premios Goya 2004 á mellor fotografía e mellores efectos especiais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial
- Romasanta na IMDb (en inglés).