Romualdo Acevedo Rivero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1847 ![]() Villaviciosa, España ![]() |
Morte | 21 de decembro de 1902 ![]() Lugo, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado, político ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Romualdo Acevedo Rivero, nado en Villaviciosa en 1847 e finado en Lugo o 21 de decembro de 1902[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico galego Agustín María Acevedo, director de baños minerais, estudou o bacharelato en Oviedo. Aos catorce anos retornou a Galicia, e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1867.
En Compostela publicou o seu primeiro traballo na revista El Eco Escolar. Trasladouse a Lugo, colaborou en Revista de España e fundou e dirixiu en Lugo La Idea Moderna.[2] Publicou estudos literarios en El Diario de Lugo, algúns asinados co pseudónimo Amorodul.
Foi concelleiro de Lugo dende 1886, e foi o alcalde interino nalgunhas ocasións.
Obra
[editar | editar a fonte]- "Historia de Ribadeo: datos históricos de la fundación de la villa de Ribadeo" e "La villa y puerto de Ribadeo", en Álbum histórico, científico y literario de Galicia (1887)
- Miscelánea literaria (Lugo, 1892)
- Un lance (Lugo, 1901; xénero folletinesco)
- De La Coruña a La Habana. Viaje del Batallón de Zamora (Lugo, 1901)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Idea Moderna, 23-12-1902, p. 3.
- ↑ Reboredo Pazos (2023), p.144
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 7.
- "Acevedo Rivero, Romualdo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Reboredo Pazos, Julio (2023). Biblioteca del Seminario Diocesano de Lugo, ed. "El Lugo viejo: lances de honor entre periodistas". Lucensia (en castelán) (Lugo) (67): 137–158. ISSN 1130-6831.