Rosalind Marsden
![]() (2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1950 ![]() |
Ambassador of the United Kingdom to Sudan (en) ![]() | |
2007 – 2010 | |
21ª Ambassador of the United Kingdom to Afghanistan (en) ![]() | |
outubro de 2003 – 2006 ← Ronald Peter Nash (en) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | St Antony's College (en) ![]() Somerville College ![]() |
Actividade | |
Ocupación | diplomática ![]() |
Empregador | Ministério das Relações Exteriores (Reino Unido) (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
Rosalind Mary Marsden, nada o 27 de outubro de 1950, é unha diplomática británica e funcionaria pública comprometida coa defensa dos dereitos das mulleres.[1] Foi embaixadora en Afganistán (2003-2007) e Sudán (2007-2010), e cónsul xeral en Basora (Iraq) (2006-2007). En 2010 converteuse na primeira muller Representante Especial da Unión Europea no Sudán de 2010 a 2013.[2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia Moderna no Somerville College, Oxford e doutorada no St Antony's College, Oxford. Incorporouse ao servizo diplomático británico en 1974 no departamento de Oriente Medio e África do Norte. De 1976 a 1980 foi segunda secretaria e posteriormente primeira secretaria da embaixada británica de Tokio. En 1985 traballou na embaixada británica de Bonn, de 1999 a 2003 estivo á fronte da dirección de Asia-Pacífico data na que exerceu o posto de embaixadora británica en Cabul (2003-2006). En Cabul apoiou especialmente a Hora da Muller Afgá, un programa de radio para mulleres da BBC World Service Trust, que se transmitiu na Radio do Servizo Mundial.[5]
De 2006 a 2007 foi Cónsul Xeral Británica en Basora (Iraq) ata que en 2007 foi nomeada embaixadora británica no Sudán.
Estivo á fronte da embaixada até 2010 cando foi nomeada Representante Especial da UE para Sudán e Sudán do Sur substituíndo ao danés Torben Brylle.[6][7]
Rosalind é mecenas da organización benéfica Kids for Kids, que axuda a nenos en Darfur, Sudán. Actualmente é membro asociado do Programa de África en Chatham House.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Orde de San Miguel e San Xurxo en 2010.[8] Tamén é bolseira honoraria da Somerville College, Oxford.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zeinab Mohammed Salih and Tom Wilson (28 de marzo de 2019). "Sudanese women take lead in protests against Bashir". Consultado o 6 de maio de 2020.
- ↑ "Rosalind Marsden" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "UK Who's Who". A & C Black. Consultado o 12 de xuño de 2013.
- ↑ "Dame Rosalind Marsden" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2019.
- ↑ Afghan Woman's Hour Arquivado 07/04/2020, en Wayback Machine., BBC, UK.
- ↑ "Rosalind Marsden | Conciliation Resources". Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "69. Republic of the Sudan (1956-present)" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ 2010 New Year Honours List, The Guardian, 2010.