Rosamar
Rosamar | |
---|---|
Historial | |
Características xerais |
O Rosamar foi un barco arrastreiro portugués, que foi a pique nas costas galegas en decembro de 2008.
Características
[editar | editar a fonte]O barco foi construído en 1978, tiña casco de aceiro e 34 metros de eslora[1].
Era propiedade da empresa Pescarias Labayen, con sede en Matosinhos (Portugal), pero os seus propietarios son de Burela, onde posúen outras empresas como Pesquerías Savinela ou Pesquerías Veiga[2]. Despois de pertencer a distintas empresas portuguesas, en 2003 fora comprado polo último armador, e destinado a faenar con base de traballo nos portos de Burela e San Cibrao.
Cunha tripulación de 13 persoas, dedicábase á captura de pescada e xurelo.
O accidente
[editar | editar a fonte]O accidente produciuse o 5 de decembro de 2008, ás 8:45am hora local,[3] probablemente como consecuencia do enganche das redes[4]. Nese momento o pesqueiro estaba situado a 24 millas ao noroeste do porto de San Cibrao.
No accidente pereceron tres tripulantes e quedaron cinco persoas máis desaparecidas. As vítimas eran de nacionalidade portuguesa (catro) e indonesia (catro). Os sobreviventes foron un mariñeiro indonesio e catro portugueses.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El armador del 'Rosamar' tiene "pocas esperanzas" de recuperar vivos a los desaparecidos Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine.El Correo Gallego, 6/12/08
- ↑ 'Rosamar', nuevo drama tras el 'Siempre Casina' y el 'Nuevo Amadorín' Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 6/12/08
- ↑ "Morren 3 mariñeiros no naufraxio dun pesqueiro en Burela". El Progreso de Lugo. 2008-12-05. Consultado o 2023-01-27.
- ↑ Los supervivientes relatan cómo el 'Rosamar' se hundió en "un minuto" tras engancharse un aparejo Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 6/12/2008