Rosana Pérez
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1964 (60 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2020 – | |
Deputada de España | |
9 de outubro de 2012 – 13 de xaneiro de 2016 ← Francisco Jorquera Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Rosana Pérez Fernández, nada na Pobra do Caramiñal o 21 de decembro de 1964, é unha funcionaria e política galega, do BNG. Dende xullo de 2020 é deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seguiu estudos de formación profesional administrativa, e aprobou unhas oposicións para a Xunta de Galicia, onde obtivo a praza de secretaria de instituto en Ribeira. Afiliada ao BNG dende 1983, foi elixida concelleira na Pobra do Caramiñal en 1995, sendo responsable da área de Servizos Sociais en virtude dun pacto de goberno co PSdeG, o cal se mantivo ata súa ruptura en novembro de 1997, polo cal pasou á oposición. En 1999 encabezou a candidatura do BNG, mantendo os 2 concelleiros da anterior ocasión e pasando a sela portavoz do grupo na oposición. En 2003 subeu a 4 concelleiros, pasando a selo principal grupo da oposición. En 2007 subiu ata os 6 concelleiros, continuando como portavoz na Pobra e sendo designada para ocupar un escano na Deputación da Coruña, onde tamén asumiu a portavocía do BNG. En 2011 mantivo os resultados de 4 anos antes na Pobra, se ben baixou a 5 concelleiros despois de que por mor do descenso de poboación a corporación baixase de 17 a 13 concelleiros.
Membro da UPG, o partido comunista que compón o BNG, formou parte da executiva da fronte nacionalista dende 2006. En 2011 presentouse de número 2 na candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados, nas eleccións xerais. Non obtivo escano, pero a dimisión do cabeza de lista Francisco Jorquera un ano máis tarde, para optar á presidencia da Xunta, levouna ao Congreso, ante o cal renunciou como concelleira na Pobra.
En xullo de 2020, preséntase como número 4[1] do Bloque Nacionalista Galego pola provincia da Coruña e consegue un escano no Parlamento de Galicia. Nas eleccións de 2024 concorreu como número 3 e revalidou o seu escano.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosana Pérez |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Eleccións municipais na Pobra do Caramiñal
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rosana Pérez Fernández Arquivado 18 de agosto de 2020 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia.
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "Candidatura do BNG ao Parlamento Galego pola Coruña". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 2021-05-19.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
- Deputados do Congreso dos Deputados polo BNG
- Nados na Pobra do Caramiñal
- Nados en 1964
- Concelleiros da Pobra do Caramiñal
- Deputados provinciais da Coruña
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia