Saltar ao contido

Rose Kennedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRose Kennedy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata
North End, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (104 anos)
Hyannis, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHolyhood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSítio Histórico Nacional John Fitzgerald Kennedy (pt) Traducir (–1920) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónManhattanville University (en) Traducir
Conservatório de Música da Nova Inglaterra (pt) Traducir
Dorchester High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocialité Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRoman count (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJoseph P. Kennedy Sr. (1914, 1914–1969) Editar o valor en Wikidata
FillosJoseph P. Kennedy, John F. Kennedy, Rosemary Kennedy, Kathleen Cavendish, Eunice Kennedy Shriver, Patricia Kennedy Lawford, Robert F. Kennedy, Jean Kennedy Smith, Edward Kennedy Editar o valor en Wikidata
PaisJohn F. Fitzgerald Editar o valor en Wikidata  e Mary Josephine Hannon Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0448312 WikiTree: Fitzgerald-430 Find a Grave: 1879 Editar o valor en Wikidata

Rose Elizabeth Fitzgerald Kennedy, nada en Boston (Massachusetts) o 22 de xullo de 1890 e finada en Hyannis o 22 de xaneiro de 1995, foi unha filántropa e socialite estadounidense. Foi a esposa de Joseph P. Kennedy e a nai de nove fillos, entre eles o presidente John F. Kennedy e os senadores Robert e Ted Kennedy.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Rose naceu no barrio de North End Boston,[1] filla máis vella de John F. "Honey Fitz" Fitzgerald e da súa esposa, que tamén era a súa curmá segunda, Mary Josephine Hannon.[2] "Honey Fitz" era unha figura destacada na política de Boston e foi durante unha lexislatura e case oito meses Representante na Cámara dos Estados Unidos, así como dúas lexislaturas alcalde de Boston.

Cando era nena, Fitzgerald vivía nunha casa de estilo italiano na veciñanza de Ashmont Dorchester e asistiu á escola local Girl's Latin School. Máis tarde a casa queimouse, mais uns anos despois, colocouse unha placa conmemorativa na avenida Welles e na rúa Harley: "Rose Fitzgerald Kennedy Square". A placa foi dedicada polo seu fillo, o senador Edward M. Kennedy, durante os aniversarios 102 de Rose en 1992.

Rose estudou despois no convento da escola Bloemendal Kasteel en Vaals (Países Baixos) e graduouse da Escola Superior de Dorchester en 1906. Tamén asistiu ao Conservatorio de Inglaterra en Boston, onde estudou piano.[3] Despois de que o seu pai lle negase o permiso para asistir a Wellesley College, Fitzgerald matriculouse na Universidade de Manhattanville do Sacro Corazón. En 1908, Fitzgerald e o seu pai embarcáronse nunha xira por Europa. Ela e "Honey Fitz" tiveron unha audiencia privada co papa Pío X na Cidade do Vaticano.

Matrimonio

[editar | editar a fonte]

O 7 de outubro de 1914, casou con Joseph P. Kennedy, Sr. despois dun noivado de máis de sete anos. Primeiro viviron nun fogar en Brookline que agora é o Sitio Histórico Nacional John Fitzgerald Kennedy. Rose e Joseph tiveron nove fillos: Joseph Patrick (1915-1944), John F. (1917-1963), Rosemary (1918-2005), Kathleen (1920-1948), Eunice (1921-2009), Patricia (1924-2006), Robert (1925-1968), Jean (1928-2020) e Edward (1932-2009). Rose Kennedy quedou viúva en novembro de 1969 pola morte do seu esposo.

O seu esposo coidábaa ben a ela e á súa familia, aínda que lle era infiel. Cando estaba embarazada de oito meses do seu cuarto fillo, Kennedy regresou cos seus pais. Cando regresou a casa, o seu pai claramente lembroulle que era católica e non crían no divorcio, así que ía ter que vivir coa súa escolla de Joseph P. Kennedy como marido. Regresou con el, e presentou un panorama estoico cara a todos e cada un, a pesar das súas aventuras, unha das cales involucrou a Gloria Swanson, que unha vez dixo: "esa Rose debe ser unha santa, unha parva, ou só mellor actriz ca min".

Rose consideraba a procreación como o propósito do sexo e despois de ter o seu último fillo negouse a continuar mantendo relacións íntimas co seu esposo adúltero; finxía que as aventuras do seu marido non se estaban producindo a pesar que ela as coñecía, centrándose na crianza e na educación dos seus fillos. Foi medicada: o biógrafo do seu esposo, Ronald Kessler, atopou tranquilizantes como Seconal, Placidyl, Librium, e Dalmane para acougar o nerviosismo e a tensión de Rose, e para o seu estómago, Lomotil, Bentyl, Librax e Tagamet.[4]

A fe católica[5] de Rose en ocasións púxoa en conflitos cos seus fillos,[6] especialmente coa súa filla Kathleen. Negouse a asistir á voda de Kathleen con William Cavendish, marqués de Hartington, anglicano e o fillo máis vello e herdeiro do décimo Duque de Devonshire o 6 de maio de 1944. Finalmente, as relacións entre elas melloraron, particularmente tralas mortes de Cavendish e Joseph P. Kennedy, Jr. durante a segunda guerra mundial. Cando Lady Hartington morreu nun accidente de avión en 1948, só o seu pai asistiu ao seu funeral e enterro.

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]

En 1984, aos 94 anos, Kennedy sufriu dun derramo cerebral grave e tivo que empregar unha cadeira de rodas o resto da súa vida.

Mantivo a súa residencia no Complexo Kennedy en Hyannis Port, Massachusetts, e foi atendida por enfermeiras e persoal privado. O 22 de xaneiro de 1995, Kennedy morreu de complicacións dunha pneumonía aos 104 anos.

  1. "North End Walk: N5: Rose Fitzgerald Kennedy Birthplace: 4 Garden Court". Boston Women's Heritage Trail. 22 de febreiro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2001. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  2. Goodwin, Doris Kearns (2001). The Fitzgeralds and the Kennedys: An American Saga. Simon and Schuster. pp.88-89.
  3. Infoplease
  4. Kessler, Ronald. The Sins of the Father: Joseph P. Kennedy and the Dynasty He Founded. Warner Books, 1996. ISBN 0-446-60384-8. páx. 318, 372–373.
  5. "Biography: Rose Kennedy". American Experience. PBS. Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  6. Hodgson, Godfrey (24 de xaneiro de 1995). "Obituary: Rose Kennedy". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nasaw, David. The Patriarch: The Remarkable Life and Turbulent Times of Joseph P. Kennedy (2012), scholarly biography of her husband
  • Perry, Barbara A. Rose Kennedy: The Life and Times of a Political Matriarch (W.W. Norton & Company; 2013)
  • Shriver, Timothy. "Fully Alive: Discovering What Matters Most," (Sarah Crichton Books-Farrar, Straus and Giroux, 2014)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]