Rosely Roth
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1959 ![]() São Paulo, Brasil ![]() |
Morte | 28 de agosto de 1990 ![]() São Paulo, Brasil ![]() |
Causa da morte | suicidio ![]() |
Relixión | Xudaísmo ![]() |
Educación | Pontificia Universidade Católica de São Paulo - antropoloxía (1985–1986) Pontificia Universidade Católica de São Paulo - filosofía (–1981) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista LGBT, autora, antropóloga ![]() |
Rosely Roth, nada en São Paulo o 21 de agosto de 1959 e finada na mesma cidade o 27 de agosto de 1990, foi unha activista brasileira, considerada unha das pioneiras do movemento LGBT no Brasil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rosely Roth naceu nunha familia xudía.[1] Estudou en escolas xudías e non xudías.[1] En 1981, licenciouse en Filosofía pola Pontifícia Universidade Católica de São Paulo; en 1986, rematou tamén os seus estudos de Antropoloxía na mesma institución.[1][2] Nesta época, afondou na súa comprensión das cuestións e vivencias lesbianas e da sexualidade.
A comezos de 1981, principiou a súa participación directa no movemento de mulleres, a través de asociacións como o Grupo Lésbico Feminista (1979-1990) ou SOS Mulher (1980-1993). Nese mesmo ano, xunto con Míriam Martinho, fundou o Grupo Ação Lésbica-Feminista (GALF, 1981-1990). Roth participou tamén en actividades de reivindicación dos dereitos sexuais das mulleres sáficas e de toda a comunidade LGBT. Por exemplo, estivo na primeira manifestación de lesbianas do Brasil, en 1983.
Roth participou no Levante do Ferro's Bar, coñecido como o "Stonewall brasileiro". Durante a ditadura militar, o dono do local, punto de encontro de mulleres do colectivo LGBT, prohibiu a circulación da revista ChanacomChana no recinto. En resposta, un grupo de activistas liderado por Roth invadiu o local e procedeu á lectura dun manifesto. Este acto tivo repercusión xornalística no país.[1][3]
A súa actuación humanista en eventos e manifestacións históricas, así como a súa visibilidades nos medios de comunicación brasileiros,[2] deixaron a súa pegada na comunidade LGBT do país, chamando tamén a atención dos investigadores especializados neste período de desenvolvemento do colectivo no Brasil.
Cara ao final da súa vida, sufriu unha profunda crise psicolóxica derivada da súa esquizofrenia.[2] Finalmente, suicidouse o 27 de agosto de 1990.[1][2][4]
Legado
[editar | editar a fonte]Dende o 2003, celébrase en São Paulo o Día Nacional do Orgulho Lésbico o 19 de agosto, data do levante do Ferro's Bar.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "ROTH, Rosely – Diccionario Biográfico de las Izquierdas Latinoamericanas". diccionario.cedinci.org. Consultado o 2025-01-07.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Rosely Roth (1959 – 1990)". Memória Feminista Antirracista (en portugués). Consultado o 2025-01-07.
- ↑ 3,0 3,1 redacaonos. "Quem foi Rosely Roth, ativista pioneira dos direitos lésbicos no Brasil". Terra (en portugués). Consultado o 2025-01-07.
- ↑ Olhar, Um Outro. "Rosely Roth: ouçam nossas vozes no dia mundial da pessoa com esquizofrenia". Consultado o 2025-01-07.