Saltar ao contido

Rosendo Vila Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosendo Vila Fernández
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor en Wikidata
Ribas Pequenas, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Monforte de Lemos
1935 – 1935
← Manuel Maseda CadórnigaÁlvaro Rodríguez Pérez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2760

Rosendo Vila Fernández, nado en Ribas Pequenas (Bóveda) en 1886 e finado en Monforte de Lemos o 7 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba onde foi director da revista mercantil Caduceo.[1] Casou en Alacant con Mercedes Torregrosa Lluch en 1921.[2] Ao regreso instalouse en Monforte de Lemos. Membro do Partido Republicano Radical, colaborou en El Combate. Despois militou en Unión Republicana. Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en febreiro de 1935, deixou a alcaldía o 17 de xullo dese ano por ter que ausentarse de Monforte por un tempo. Enfrontouse con Andrés Gil Municio, líder do dereitista Partido Agrario Español. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado por un grupo de falanxistas encabezado polo presidente do Sindicato Agrario de Monforte, o 7 de setembro de 1936, na súa casa de Vilanova, en presenza da súa muller e filla.[3] Logo da súa morte a súa muller e a súa filla abandonaron Monforte e establecéronse en Alacant.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Maseda Cadórniga
 
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1935
Sucesor:
Álvaro Rodríguez Pérez