Rosmunda
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 540 (Gregoriano) |
Morte | agosto de 572 (31/32 anos) Rávena, Italia |
Causa da morte | suicidio, veleno |
Grupo étnico | Xépidos |
Relixión | Arianismo |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Cónxuxe | Alboíno (566 (Gregoriano)–) Helmiques |
Pai | Cunimundo |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Rosmunda foi unha princesa xépida filla do rei Cunimundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobre 565, tras a desfeita dos xépidos fronte a unha coalición longobardo-ávara ao servizo dos intereses do Imperio bizantino e a morte de seu pai, tomouna por esposa o rei longobardo Alboíno e seguiuno a Italia ata o seu reino longobardo.
En 572, en Verona, fixo que asasinase ao rei o seu xove amante, un escudeiro longobardo chamado Helmegis (ou Elmechi en italiano) antes de se envelenar xunto con este un pouco despois.
Este feito histórico ten inspirado numerosas historias no folclore da Italia do Norte ata o século XIX.