Saltar ao contido

Roy Boney Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoy Boney Jr.

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(chr) ᎧᏂᎦ ᎪᎳᎭ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Locust Grove, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo cherokee Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBanda deseñada Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, animador Editar o valor en Wikidata

Sitio webroyboneyart.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3433630 Twitter: royboney Instagram: royboney Editar o valor en Wikidata

Roy Boney Jr. (en cherokee: ᎧᏂᎦ ᎪᎳᎭ) nado en Locust Grove, Oklahoma, o 1 de decembro de 1978, é un artista, debuxante de banda deseñada, animador por ordenador e activista lingüístico cherokee. É cidadán da Nación Cherokee e membro do clan do Cervo.[1] Boney foi nomeado Tesouro Nacional Cherokee o 29 de agosto de 2024.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Roy Boney Jr. medrou falando a lingua cherokee. Estudou na Universidade Estatal de Oklahoma, onde se graduou en deseño gráfico. Obtivo o seu mestrado en Artes na Universidade de Arkansas en Little Rock, onde foi membro do equipo do Centro de Investigación Sequoyah e recibiu membresía da Banda das Pradeiras da Nación Potawatomi.[3]

Activismo lingüístico

[editar | editar a fonte]

Boney traballa como xestor do programa lingüístico cherokee da Nación Cherokee,[4] e anteriormente foi especialista lingüístico en medios para a Nación Cherokee.[5]

Boney colaborou con Joseph L. Erb en American Indian Resource Center, Inc., ensinando animación a nenos cherokee e muscokee. Os seus filmes de animación en linguas nativas recibiron numerosos premios.[6] Erb e Boney desenvolveron unha aplicación para iPhone de mensaxes de textos en lingua cherokee e están a desenvolver redes sociais e videoxogos en cherokee.[7]

Artista visual

[editar | editar a fonte]

Con Matthew Shepherd, Boney creou a serie de novelas gráficas, Dead Eyes Open, publicada por Slave Labor Graphics. A partir dunha formación en banda deseñada, Boney aventurouse no debuxo e na pintura artística. O seu debut artístico en 2006 obtivo o Gran Premio na mostra de arte "Trail of Tears" do Centro do Patrimonio Cherokee[8] e inclusión na exposición itinerante, Frybread and Roses: The Art of Native American Labor. Varias das pinturas de Boney están na colección permanente do Centro Nacional de Investigación Sequoyah.

Boney colabora de xeito regular con Indian Country Today Media Network e First American Art Magazine.

  1. Rossman, Megan. "Graphic Content." Oklahoma Today Magazine. xullo/agosto de 2012.
  2. "Cherokee Nation announces 2024 Cherokee National Treasures". Tahlequah Daily Press (en inglés). 2024-09-03. Consultado o 2024-09-04. 
  3. "Boney Enters Trail of Tears Art Show." Sequoyah Research Center. 21 de abril de 2006 (consultado o 6 de novembro de 2009)
  4. Sitek, Zuzanna (11 de xullo de 2019). "Cherokee Tribes Say Native Language is in State of Emergency". KUAF. 
  5. Staff. "Texas donor gives computers to CNEC." Cherokee Phoenix. (consultado o 5 de novembro de 2009)
  6. King, Patty Jo. "Studying abroad, Native style." Indian Country Today. 25 de outubro de 2009 (consultado o 5 de novembro de 2009)
  7. Proposal for the creation of RezWorld 3D video game to teach Cherokee. Arquivado 2011-07-14 en Wayback Machine. (consultado o 5 de novembro de 2009)
  8. "Trail of Tears Art Show and Sale." Southwestern Art. 1 de xullo de 2006 (consultado o 5 de novembro de 2009, a través de Highbeam Research)