Saltar ao contido

Rubén Quintá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRubén Quintá
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata
Rubiás, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 2024 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Rodeiro, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Rodeiro
6 de marzo de 2021 – 2023
← Luís López DiéguezJosé Luis Camiñas Vázquez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngandeiro, político Editar o valor en Wikidata

Rubén Perfecto Quintá Quintá, nado en Rubiás (Negrelos, Rodeiro) en 1964 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 2024, foi un gandeiro e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gandeiro. Foi tesoureiro da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato número 5 do PPdeG ao concello de Rodeiro, pero non foi elixido. Logo da dimisión do candidato e portavoz do PPdeG José Luis Fernández Fafián en marzo de 2010, entrou a formar parte da corporación municipal e foi nomeado concelleiro de Medio Ambiente.[1] Nas municipais de 2011 ocupou o número 3 na lista popular e foi elixido concelleiro. Foi elixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro en 2012.[2] Volveu ser elixido concelleiro en 2015, sendo nomeado segundo tenente alcalde e concelleiro de Obras e Servizos; o mesmo que en 2019. Volveu ser reelixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca en setembro de 2020. Logo da dimisión do alcalde Luís López Diéguez para ser delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, foi elixido alcalde de Rodeiro o 6 de marzo de 2021.[3][4] Finou en Rodeiro o 23 de marzo de 2024 aos 59 anos.[5]


Predecesor:
Luís López Diéguez
 
Alcalde de Rodeiro
 
2021 - 2023
Sucesor:
José Luis Camiñas

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Sonia García Diéguez e foi pai de Noelia e José María Quintá Diéguez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]