Ruby Cohn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1922 Columbus, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de outubro de 2011 (89 anos) Oakland, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de París Universidade Washington em St. Louis (pt) Hunter College |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Empregador | Universidade de California en Davis Universidade Estatal de San Francisco Instituto das Artes de California |
Premios | |
Ruby Cohn (chamada Ruby Burman até casar), nada en Columbus (Ohio) o 13 de agosto de 1922 e finada en Oakland (California) o 18 de outubro de 2011, foi unha teórica do teatro, especialista na obra e figura de Samuel Beckett. Foi profesora de Drama Comparativo na Universidade de California, Davis durante trinta anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De nova mudouse coa súa familia a Nova York, onde fixo a educación secundaria, e despois graduouse no Hunter College. Durante a segunda guerra mundial uniuse ás WAVES (Women Accepted for Volunteer Emergency Service) e serviu como mensaxeira. En 1946 casou co microbiólogo Melvin Cohn, e mudáronse a Saint Louis. En 1961 divorciáronse de forma amistosa[1]
Despois da guerra regresou a Europa e completou un grao doutoral na Universidade de París. O 5 de xaneiro de 1953, sendo alumna da Sorbona, asistiu á primeira representación da obra Á espera de Godot do autor irlandés, Samuel Beckett. A obra e o seu autor convertéronse no tema central da súa vida académica. Converteuse en amiga do autor, co que intercambiou correspondencia e visitas polo menos unha vez ao ano até a súa morte en 1989.[2] Fixo un segundo doutoramento na Universidade de Washington en Saint Louis cunha disertación acerca de Beckett, que se converteu no seu primeiro libro.
En 1961 comezou a dar clases na facultade de Linguas da Universidade Estatal de San Francisco, onde permaneceu até a súa dimisión en 1968 durante a folga estudantil. En 1969 uniuse á facultade de Teatro do California Institute of the Arts, e en 1972 pasou á Universidade de California, Davis.
Obras
[editar | editar a fonte]- Samuel Beckett: The Comic Gamut (con Samuel Beckett, 1962; Literary Licensing, 2011) ISBN 978-1-258-15413-4
- Editora, canda a Bernard Dukore e Haskell Block: Twentieth Century Drama: England, Ireland, the United States (Random House, 1966) ISBN 978-0-394-30141-9
- Editora: Casebook on 'Waiting for Godot' (Grove Press, 1967) ISBN 978-0-394-17266-8
- Back to Beckett, 1974
- Samuel Beckett: A Collection of Criticism (McGraw-Hill, 1975) ISBN 978-0-07-011598-9
- Just Play: Beckett's Theater, 1980
- Disjecta: Miscellaneous Writings and a Dramatic Fragment (con Samuel Beckett, Grove Press, 1984) ISBN 978-0-8021-5129-2
- New American Dramatists, 1960-1990 (Palgrave Macmillan, 1991) ISBN 978-0-312-04249-3
- From Desire to Godot (Calder Publications, 1999) ISBN 978-0-7145-4287-4
- A Beckett Canon (2001; University of Michigan Press, 2005) ISBN 978-0-472-03131-3
- Anglo-American Interplay in Recent Drama (Cambridge University Press, 2006) ISBN 978-0-521-03528-6
- Retreats from Realism in Recent English Drama (Cambridge University Press, 2009) ISBN 978-0-521-10693-1