Ruda (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo ruda pode referirse a:
Botánica
[editar | editar a fonte]- As plantas do xénero Ruta,
- Ruda de xardín, a ruda común (Ruta graveolens), planta medicinal de follas azuladas e flores amarelas, oriúnda da Provenza e de Italia, cultívase con frecuencia nas hortas galegas e florea de xuño a agosto. Ten sabor agre amargo por mor ao seu óleo esencial. Posúe propiedades estimulantes e antiverminosas;
- Ruda de montaña, a ruda brava (Ruta montana), de flores amarelo verdosas. Medra nas marxes do Sil, do Cave, do Miño, etc. Florea de xullo a setembro e ten case as mesmas propiedades médicas ca ruda de xardín.
- Ruda dos prados (Thalictrum glaucum), planta de raíz vivaz pertencente á familia das ranunculáceas de flor amarelenta, talo, ergueito, redondo, estriado e cuberto dunha poeira de cor garza; follas, cortadas en moitas partes, cos segmentos entre acorazonados e aovados, garzos, polo envés e fendidos en tres partes obtusas. Medra nas beiras dos regueiros e ríos, floreando de maio a xuño. As raíces son amarelas, amargas, purgantes e se consideran como sucedáneas do ruibarbo.
- Ruda cabreira, (Galega officinalis), planta perenne da familia das leguminosas , de follas alternas con inflorescencias en acio pedunculado e flores acampanadas. Medra nas terras da ría de Ferrol, floreando de xuño a xullo, as flores son azuis, algunhas veces brancas.
Toponimia
[editar | editar a fonte]- Ruda, vila de Italia.