Rudolph Rocker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1873 Maguncia (Imperio Alemán) |
Morte | 19 de setembro de 1958 (85 anos) Mohegan Colony, Estados Unidos de América (en) |
Residencia | Condado de Westchester (1937–1958) Nova York (1933–1937) París (1892–1895) Maguncia (–1892) Berlín Londres |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | historiador, sindicalista, político, xornalista, escritor, economista, anarquista |
Partido político | Partido Socialdemócrata de Alemaña (–1891) |
Membro de | |
Movemento | Anarcosindicalismo e anarquismo social |
Participou en | |
24 de agosto de 1907 | Congresso Internacional Anarquista de Amsterdã (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Milly Witkop |
Fillos | Fermin Rocker |
Descrito pola fonte | Lexikon der Anarchie, (sec:Rudolf Rocker) Obálky knih, |
Rudolf Rocker, nado en Maguncia o 25 de marzo de 1873 e finado preto de Nova York o 19 de setembro de 1958, foi un historiador e ilustre pensador e activista anarquista, alemán.
Os seus primeiros pasos en política deunos na socialdemocracia xermana, da cal, finalmente, afastouse, por discrepancias tácticas e teóricas. Rocker contribuíu ao pensamento libertario contemporáneo como poucas figuras fixérono; transformándose, deste xeito, nun dos homes máis recordados polo seu legado ao pensamento anarquista do século XX.
En Alemaña Rocker organizara a Freie Arbeiter-Union Deutschlands (FAUD).
A mellor obra de Rudolf Rocker, e a que nos entrega maiores indicios sobre o seu pensamento é Nacionalismo e Cultura. Nesta, sinala a ruptura existente entre o nacionalismo moderno e o proceso xeral da cultura, considerando ao ambiente intelectual en que se move un individuo máis forte que as supostas influencias do "espírito nacional".
Así mesmo, o primeiro capítulo da obra comentada anteriormente (que posúe máis de 550 páxinas), chámase A insuficiencia do materialismo económico no cal sitúa a "vontade de poder" como un factor histórico no desenvolvemento da humanidade. De igual xeito expón, como o fixese Max Weber anos antes, a imposibilidade de analizar a historia con métodos científicos e crítica, tamén, a visión de "simple superestrutura", que a escola marxista ten sobre o Estado.
Nacionalismo e Cultura, contén, en todo caso, unha variada cantidade de capítulos que abarcan desde o absolutismo europeo á manifestacións da arte contemporánea.
A bibliografía de Rocker conta con máis unha trintena de títulos, sen contar o achegue a numerosos diarios e a cantidade de conferencias dadas ao longo da súa axitada carreira.
En galego editouse o texto Porque sou anarquista, unha declaración da súa ideoloxía e actitude vital, que inclúe tres artigos: "Marx e as ideias libertárias", onde critica a falta de honestidade intelectual do comunista alemán Karl Marx e o seu desprezo por Proudhon; "O sistema dos sovietes e a ditadura do proletariado", e "O papel dos sindicatos na construção do socialismo".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Porque sou anarquista, textos en galego.