Rui Cardoso Martins
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Portalegre, Portugal |
Educación | Universidade Nova de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, guionista |
Rui Cardoso Martins, nado en Portalegre en 1967, é un escritor, xornalista e guionista portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade Nova de Lisboa onde foi profesor convidado da cadeira de Arte da Crónica do Departamento de Linguas e Literaturas Modernas (FCSH).
Traxectoria como xornalista
[editar | editar a fonte]Foi reporteiro e cronista no Público[1]: cerco de Saraxevo, eleccións na África do Sur etc. A súa crónica Levante-se o Réu foi publicada os domingos no Jornal de Notícias (JN) durante dezasete anos, crónicas a partir de casos reais pasados nos tribunais.[2]
Rui Cardoso Martins é tamén cronista nas mañás dos mércores en Antena 1, na sección O Fío da Meada.[3]
Traxectoria no cinema e televisión
[editar | editar a fonte]Foi un dos fundadores das Produções Fictícias[4], sendo cocreador e autor dos históricos programas de humor Contra-Informação (RTP 1[5]), Herman Enciclopédia, Conversa da Treta,
Para o cinema, escribiu (con Tiago Guedes) o argumento orixinal da longametraxe A Herdade, estreada mundialmente no Festival Internacional de Cinema de Venecia 2019 (candidata ó León de Ouro, ó Mellor Argumento, ó Mellor Actor Principal e á Mellor Actriz Principal), presente tamén nas Special Presentations do TIFF (Festival Internacional de Cinema de Toronto) e tamén foi filme portugués candidato aos Óscar de Hollywood e aos premios Goya hispano-americanos.[6]
Escribiu tamén o guión de Zona J[7] (con Luis Pedro Nunes) e o da longametraxe Dúas Mulheres (con Tereza Coelho[8]), e tamén o de Em Câmara Lenta, o último filme de Fernando Lopes[9].
É tamén coautor do argumento orixinal da serie policial Sul, (creada por Edgar Medina e Guilherme Mendonça, realizada por Ivo M. Ferreira) esteada en setembro/outubro de 2019, RTP1.[10]
Traxectoria literaria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro libro, E Se Eu Gostasse Muito de Morrer, de 2006, tivo varias edicións en Portugal, sendo publicado tamén en España e Hungría. Ten contos publicados en diversas revistas literarias nacionais e internacionais (Massachussetts Review nº 60, Spring 2019, USA; Lettres Littéraires, Budapest, Granta Portugal, Revista Ficcións etc.).
Coautor das comedias O Filho da Treta (con Felipe Homem, tv movie[11]) Casal da Treta (teatro con Filipe Homem Fonseca, Mário Botequilha[12]), Zé Manel Taxista (teatro, con Maria João Cruz, Filipe Homem Fonseca, Mário Botequilha[13])
Ten obras traducidas a varias linguas.[14]
Obras Literarias
[editar | editar a fonte]- E se eu gostasse muito de morrer (2006). Dom Quixote. 216 páxs. ISBN 9789722031707. Ed. de 2016 en Tinta da China. ISBN 9789896713027. Novela. En español: Y si me gustara morir (2008), Bruguera, ISBN 978-8402420817.
- Deixem passar o homem invisível (2009). Dom Quixote. 240 páxs. ISBN 9789722038287. Ed. en Tinta da China, 2020, ISBN 9789896715342. Novela.
- Se fosse fácil era para os outros (2012). Dom Quixote. 256 páxs. ISBN 9789722050852. Novela.
- O osso da borboleta (2014). Tinta da China. 24 páxs. ISBN 9789896712358. Novela.
- Levante-se o réu (2015).Tinta da China. 368 páxs. ISBN 9789896712686. Selección das crónicas no Público.
- Levante-se o réu outra vez (2016). Ed.Tinta da China. 344 páxs. ISBN 9789896713157.Selección das crónicas no Público.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2009: Grande Prémio do Romance da Associação Portuguesa de Escritores APE por Deixem Passar o Homem Invisível.
- 2015 e 2016: dous prémios Gazeta de Jornalismo por Levante-se o Réu.
- 2017: Gran Premio de Crónica e Dispersos Literarios da Associação Portuguesa de Escritores e da Câmara de Loulé para Levante-se o réu outra vez.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonia Kerrigan Agencia Literaria, Cardoso Martins, Rui". www.antoniakerrigan.com. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "A primeira crónica de Rui Cardoso Martins no JN - JN". www.jn.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Antena 1 - O FIO DA MEADA - Podcast". radio.es. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ Fidelizarte. "Rui Cardoso Martins". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Contra Informação" (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ Leopardo Filmes - Produção e distribuição cinematográfica. "A Herdade — Leopardo Filmes - Produção e distribuição cinematográfica". Leopardo Filmes - Produção e distribuição cinematográfica (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Zona J (1998)" (en castelán). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Dos mujeres (2009)" (en castelán). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Em Câmara Lenta (2012)" (en castelán). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ Portugal, Rádio e Televisão de. "RTP. Sul é uma série "muito portuguesa" que "nunca quis ser outra coisa"". RTP. Sul é uma série "muito portuguesa" que "nunca quis ser outra coisa" (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Filho da Treta". Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Casal da Treta. Força de Produção". oinformador.com. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "ZÉ MANEL TAXISTA". CTAlmada (en portugués). 2019-02-15. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Rui Cardoso Martins. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ PÚBLICO. "Rui Cardoso Martins vence prémio de Crónica da APE". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-07.