Rupelmonde
Aparencia
Epónimo | Rio Rupel (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Bélxica | |||
Rexión | Rexión Flamenga | |||
Provincia | Provincia de Flandres oriental | |||
Distrito | Arrondissement of Sint-Niklaas (en) | |||
Concello | Kruibeke (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 3.031 (2008) (1.612,23 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1,88 km² | |||
Bañado por | Río Escalda, Rio Rupel (pt) e Canal marítimo Bruxelas-Escalda (pt) | |||
Altitude | 7 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9150 | |||
Prefixo telefónico | 03 | |||
Rupelmonde é unha localidade belga, sita na provincia Flandres Oriental, nas beiras do río Escalda. Esta vila de 3.000 habitantes forma parte desde 1977 do concello de Kruibeke.
Características
[editar | editar a fonte]Xeografía e nome
[editar | editar a fonte]Rupelmonde érguese na beira esquerda do río Escalda, xusto en fronte da desembocadura do río Rupel. A súa situación explica o seu nome, pois monde equivale en flamengo a "desembocadura, foz", como o alemán Munde. "Foz do Rupel" é o significado do topónimo da vila.
Sitios de interese
[editar | editar a fonte]- A catedral de Nosa Señora, que data de 1757 e posúe unha reprodución dun cadro de Jacob Jordaens.
- A estatua de Mercator, sita na praza central da vila.
- O vello moíño de auga, restaurado en 1997.
- A "Schelleksfeesten", con desfile de xigantes, que ten lugar o primeiro domingo de agosto.