Século -VIII
século IX a. C. < Século VIII a. C. > século VII a. C.
Características do século VIII a. C.
[editar | editar a fonte]O século VIII a.C foi un período de grandes cambios nas civilizacións.
En Exipto corresponde ás dinastías XXII, XXIII, XXIV e XXV cuxos soberanos (excepto a XXIV) eran de orixe estranxeira; libio (dinastías XXII e XXIII) e kushita ou etíope (dinastía XXV). O Imperio neoasirio alcanza o pico do seu poder, conquistando varios países veciños, entre eles o reino de Israel.
Grecia coloniza outras rexións do mar Mediterráneo e o mar Negro. A civilización etrusca expándese por Italia. Convencionalmente tómase este século oitavo como o principio da Antigüidade clásica, coa primeira Olimpíada festexada no 776 a.C. Nesta época crese que foron compostos os textos épicos de Homero (A Ilíada e a Odisea). Na China rexístrase unha eclipse solar histórica no ano 780 a.C.
Na India -en plena Idade de Ferro- comeza a cultura da cerámica negra puída norteña, de baixa tecnoloxía e produción de armas de ferro. Esta cultura é unha das candidatas de ser a cultura védica.[1]
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Grecia
[editar | editar a fonte]- Fórmase a cultura grega.
- A civilización helénica coloniza o Mediterráneo e o Mar Negro.
República romana
[editar | editar a fonte]- No norte de Italia termínase a cultura de Villanova; comeza a civilización etrusca.
Península Ibérica
[editar | editar a fonte]Resto de Europa
[editar | editar a fonte]- Influencia traco-cimeria, cimerios, en Europa Central.
- 700 a.C.: os escitas empezan a ocupar as áreas de Cimeria, desprazando gradualmente aos habitantes previos.
Exipto
[editar | editar a fonte]- 750 a.C.: comeza a dinastía XXV de Exipto, que durará ata en 656 a.C..
Asia
[editar | editar a fonte]Personaxes
[editar | editar a fonte]- Homero, escritor grego. (Descoñécese a data exacta; xeralmente é datado entre mediados e fins do século VIII a.C.).
- Hesíodo, escritor grego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ descoñécese as datas de inicio do período védico: podería ser desde fins do II milenio ata mediados do I milenio
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |