Século -XXX
Aparencia
O século XXX antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 3000 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2901 a.C.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 3000 a.C., arredor dese ano se preparou e utilizou por vez primeira a área de acceso do dolmen de Dombate.
- 3000 a.C.: no norte de África está a desenvolverse unha agricultura temperá.
- 3000 a 2600 a.C.: no val do río Indo (Paquistán) empieza o período Harapa temperá.
- 3000 a.C.: nalgunhas rexións remata o período neolítico.
- 3000 a.C.: en Exipto comeza a reinar Dsher, segundo faraón do Exipto unificado.
- 3000 a.C.: en Turquía fundase a aldea de Troia.
- c. 3000 a.C.: no sur de Inglaterra comeza a construción de Stonehenge. Na súa primeira versión, constaba dun dique circular e un banco con 56 postes de madeira (segundo National Geographic, xuño de 2008).
- 3000 a.C.: na zona da actual Durrës (Albania) desenvolveuse a cultura Epidamnos.
- 3000 a.C.: no mar Exeo empeza a idade de bronce e se desenvolve a cultura das cícladas e a cultura minoica.
- 3000 a.C.: no Perú empeza a cultura de Norte Chico.
- 3000 a.C.: en Filipinas realízanse os petróglifos de Angono.
- 3000 a.C.: no Xapón empeza o período Jomon medio.
- 2955 a.C.: en Exipto morre Dsher, o segundo faraón.
- 2950 a.C.: primeiro uso definitivo do nome Nebti por un faraón da Primeira Dinastía de Exipto: Semerkhet.
- 2925 a 2776 a.C.: en Exipto estanse a desenvolver as guerras da primeira dinastía.
- 2920 a.C.: Dshet, terceiro faraón de Exipto. O seu reinado comeza 80 anos despois da morte do anterior faraón.
- 2900 a.C.: en Iraq empeza o período dinástico temperá I mesopotámico.
- 2900 a.C.: no Perú comeza a construírse a aldea de Caral, que será a primeira cidade en América.
- No Perú empeza a cultivarse o algodón (Gossypium barbadense).
- En Mesopotamia (actual Iraq), os sumerios inventaron a escritura por primeira vez na Humanidade.
Ciencia e Tecnoloxía
[editar | editar a fonte]- Hesi é coñecido como a primeira referencia bibliográfica dun dentista en Exipto ao servizo do faraón, en estudos radiográficos se atoparon diferentes grados de dano periodontal nas momias exipcias faraónicas.
Invencións, descubrimentos, aparicións
[editar | editar a fonte]- 3000 a.C. - 2000 a.C. a escritura xeroglífica en Exipto, o torno de olería na China, primeira olería en América (en Ecuador) .
- c. 3000 a.C. - os sumerios establecen as cidades.
- c. 3000 a.C.: os sumerios comezan a traballar en varios metais.
- c. 3000 a.C.: o coñecemento de antigos grans de Oriente Medio aparece na China antiga.
- 3000 a.C.-2000 a.C. - os asentamento en aldeas están moi estendidas en Mesoamérica.
- O Siclo aparece en Mesopotamia como unidade monetaria e de peso, ver pesos e medidas antigas, Siclo.
- Os gravados rupestres de Sydney datan ao redor do 3000 a.C. (Sydney, Australia).[1] '
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XXX |