Síndrome de Stendhal
Aparencia
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome de Stendhal, tamén denominada síndrome de Florencia, é unha enfermidade psicosomática que causa un elevado ritmo cardíaco, vertixe, confusión e mesmo alucinacións cando o individuo é exposto a unha sobredose de beleza artística, é dicir, obras mestras da arte.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Ten esta denominación polo famoso autor francés do século XIX Stendhal, quen deu unha primeira descrición detallada do fenómeno que experimentou na súa visita en 1817 á Basílica de Santa Cruz en Florencia, e que relatou despois nun dos seus libros:
"Chegara a ese punto de emoción no que se atopan as sensacións celestes dadas polas Belas Artes e os sentimentos apaixonados. Saíndo de Santa Cruz, latexábame o corazón, a vida estaba esgotada en min, andaba con medo a caer".Stendhal
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |