Síntese de vistas
En gráficos por ordenador, síntese de vistas é unha tarefa que consiste de xerar imaxes dunha contorna ou escena desde un punto de vista específico, cando a única información dispoñíbel consiste nun conxunto de imaxes tomadas desde puntos de vista concretos.[1]
Tradicionalmente empregábase a fotogrametría como técnica de medición das dimensións de obxectos a partir dun conxunto de imaxes limitado. As aplicacións da fotogrametría eran maiormente a cartografía, arquitectura, o control de estruturas e a planificación urbanística.
A finais da década de 2010 e comezos dos 2020's xurdiron técnicas apoiadas en aprendizaxe automática, redes neuronais e outros métodos de intelixencia artificial. Algunhas das ferramentas de maior éxito foron os campos de radiación neural NeRF e o splatting gaussiano, ambas empregadas para xerar imaxes, vídeos e contornas 3D, moitas veces en tempo real.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Velasco, Jose Maria". Benezit Dictionary of Artists (en inglés). doi:10.1093/benz/9780199773787.article.b00189225. Consultado o 2024-09-03.