Sócrates Gómez
Nome orixinal | (es) Sócrates Gómez Pérez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xullo de 1914 Vigo, España |
Morte | 18 de xaneiro de 1989 (74 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
Senador de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Pai | José Gómez Osorio |
Sócrates Gómez Pérez, nado en Vigo o 27 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1989, foi un xornalista e político galego, histórico militante do PSOE, activo en Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do histórico dirixente socialista José Gómez Osorio, a súa vida política comezou nas Juventudes Socialistas aos 14 anos. En 1930 entrou no PSOE e na UGT. En 1931 formou parte da redacción de El Socialista. Dirixiu máis tarde La Correspondencia de Valencia e La Voz del Combatiente, órgano do Exército Republicano, do que foi oficial. Foi membro do Comité Nacional do PSOE e Presidente da Federación Nacional das JJSS. Foi secretario do Ministerio de la Gobernación entre setembro do 1936 a xaneiro de 1937 e concelleiro en Madrid (1938). Foi procesado varias veces durante e despois da Guerra Civil española. Ao rematar a guerra foi detido e internado no campo de concentración de Albatera. De alía pasou ao cárcere de Orihuela o 25 de abril de 1939, e o 10 de maio foi enviado a Madrid.[1] Entre 1962 e 1971 viviu en Londres.
Despois da fin do réxime franquista foi deputado no Congreso dos Deputados (1977-1978), concelleiro en Coslada (1979-1983), deputado da Asemblea de Madrid (1983-1989) e senador por designación autonómica da Asemblea de Madrid (1983-1987).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado