SECOR
SECOR (acrónimo de Sequential Collation of Range) ou EGRS (Electronic & Geodetic Ranging Satellite) foi o nome dunha serie de satélites xeodésicos para determinar puntos sobre a superficie terrestre con gran precisión.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites SECOR foron usados durante os anos 1960 para formar unha constelación coa que determinar a posición de puntos sobre a superficie terrestre con gran precisión ó longo de grandes distancias. O sistema completo consistía nos satélites e varias estacións en terra, algunhas delas nos sitios dos que se quería determinar a posición. Desde tres estacións con posicións coñecidas se enviaban sinais de radio aos satélites, que as devolvían, determinándose a súa posición no espazo con precisión. Coñecendo estas posicións, a posición da estación problema podía calcularse matematicamente mediante os sinais entre a estación e os satélites. Construíronse dous tipos de satélites SECOR, os tipos I e II.[1][2][3]
SECOR Tipo I
[editar | editar a fonte]Os SECOR Tipo I eran satélites en forma de esfera de 50,8 cm de diámetro e nove antenas sobresaíndo. Estaban deseñados para ser sinxelos e tiñan un tempo estimado de vida en órbita dun ano. A súa superficie era de aluminio pulido cunha fina capa de monóxido de silicio para axudar como regulador térmico. A alimentación eléctrica corría a cargo de seis pequenos paneis solares de 20 cm de diámetro equidistantes na superficie do satélite. Tan só se lanzaron dous satélites do tipo I.[1][3]
SECOR Tipo II
[editar | editar a fonte]Os SECOR Tipo II tiñan forma de caixa e eran máis compactos que os Tipo I, cunhas dimensións de 25,2 x 29,8 x 34,9 cm. Tiñan unha masa duns 18 kg e a súa superficie estaba case toda cuberta por células solares. Tiñan tamén nove antenas e estaban pensados para poder ser lanzados como carga secundaria e máis barata. Estaban construídos principalmente en aluminio e lanzáronse 13, fallando 3.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
SECOR 1 | 24 de xaneiro de 1962 | Thor-DM21 Able-Star | Éxito (Tipo I) |
SECOR 1 | 11 de xaneiro de 1964 | Thor-SLV2A Agena-D | Éxito (Tipo II) |
SECOR 3 | 9 de marzo de 1965 | Thor-DM21 Agena-D | Éxito (Tipo II) |
SECOR 2 | 11 de marzo de 1995 | Thor-DSV2A Able-Star | Fallo parcial (Tipo II) |
SECOR 4 | 3 de abril de 1965 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito |
SECOR 5 | 10 de agosto de 1965 | Scout B | Éxito (Tipo I) |
SECOR 6 | 9 de xuño de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito (Tipo II) |
SECOR 7 | 19 de agosto de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito (Tipo II) |
SECOR 8 | 5 de outubro de 1966 | Atlas-SLV3 Agena-D | Éxito (Tipo II) |
SECOR 9 | 29 de xuño de 1967 | Thor Burner | Éxito (Tipo II) |
SECOR 10 | 18 de maio de 1968 | Thorad-SLV2G Agena-D | Fallo (Tipo II) |
SECOR 11 | 16 de agosto de 1968 | Atlas-SLV3 Burner-2 | Fallo (Tipo II) |
SECOR 12 | 16 de agosto de 1968 | Atlas-SLV3 Burner-2 | Fallo (Tipo II) |
SECOR 13 | 14 de abril de 1969 | Thorad-SLV2G Agena-D | Éxito (Tipo II) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2023). "SECOR" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SECOR 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 (EGRS 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SECOR (1), 5 (EGRS (1), 5)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SECOR |