SG Wallau-Massenheim
Aparencia
Nome do club | SG Wallau-Massenheim | ||
Fundado | 1 de agosto de 1975 | ||
Pavillón | Ländcheshalle Wallau, Wallau | ||
Capacidade | 800 | ||
Adestrador | Thomas Scherer | ||
Liga | Oberliga | ||
Equipamentos |
|
O SG Wallau-Massenheim é un equipo de balonmán da localidade de Wallau (Hofheim), Alemaña. Actualmente compite na Oberliga-Hessen.
O club foi fundado o 1 de agosto de 1975 e viviu unha época dourada a principios dos '90, cando gañou dúas Bundesligas consecutivas, dúas Copas de Alemaña tamén consecutivas, unha Copa IHF (derrotando na final ao SKA Minsk belaruso) e mesmo disputou a final da Copa de Europa de 1993, caendo fronte ao RK Zagreb croata. A pesar deste éxito, o equipo está actualmente lonxe da elite, disputando competicións rexionais.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos internacionais
[editar | editar a fonte]- 1 Copa IHF: 1992
Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- 2 Handball-Bundesliga: 1992 e 1993
- 2 Copas de Alemaña: 1993 e 1994
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en alemán)